John Benedict Hillerman, nado en Denison, Texas o 20 de decembro de 1932 e finado en Houston, Texas o 9 de novembro de 2017,John Hillerman, Higgins on 'Magnum, P.I.,' Dies at 84. foi un actor estadounidense.

Traxectoria Hillerman apareceu en Broadway en 1959 e traballou nas actuacións en directo nunha variedade de lugares antes de facer o seu debut cinematográfico en 1970. Tivo papeis menores en películas tan notables como A derradeira película (1971), What's Up, Doc? (1972), Inferno de covardes (1973), Blazing Saddles 1974 e Chinatown (1974). As súas outras películas inclúen Lucky Lady (1975), e fixo unha pequena aparición na película Up the Creek (1984).

É memorable a súa actuación na serie televisiva Magnum, P.I. interpretando a Higgins. Como actor invitado pasou polas series Kojak, Mannix, Hawaii Five-O, Little House on the Prairie, Hart to Hart, Lou Grant, Serpico, Wonder Woman, The Love Boat e Murder, She Wrote.

Nomeamentos e premios Hillerman foi nomeado en 1982, 1983, 1985, 1987 e 1988 ao premio Globo de Ouro ao mellor actor secundario gañando en 1982. Hillerman tamén foi nomeado para un Premio Emmy por Mellor Actor de Repartición nunha Serie Dramática en 1984, 1985, 1986 e polo seu papel en Magnum, P.I. gañou o premio en 1987. O seu último traballo foi no filme de 1996 A Very Brady Sequel.

Filmografía They Call Me MISTER Tibbs! (1970) En nome da lei (1970) Sweet, Sweet Rachel (1971; telefilme) A derradeira película'''' (1971) Honky (1971) What's Up, Doc? (1972) The Carey Treatment (1972) Skyjacked (1972) A Man Is Dead (1972) The Thief Who Came to Dinner (1973) Inferno de covardes (1973) Lúa de papel (1973) The Naked Ape (1973) Selas ardentes (1974) The Nickel Ride (1974) Chinatown (1974) At Long Last Love (1975) The Day of the Locust (1975) Lucky Lady (1975) The Invasion of Johnson County (1976) Audrey Rose (1977) The Betty White Show (1977; serie de televisión): John Elliot Kill Me If You Can (1977; telefilme) Beanes of Boston (1979; telefilme) Sunburn (1979) Marathon (1980) Battles: The Murder That Wouldn't Die (1980; telefilme) Magnum, P.I. (1980; 162 capítulos {80-88} History of the World: Part I (1981) Little Gloria... Happy at Last (1982; telefilme) Money Hunt: The Mystery of the Missing Link (1984; narrador) Up the Creek (1984) Assault and Matrimony (1987; telefilme) Street of Dreams (1988; telefilme) Around the World in 80 Days (1989; miniserie) Real Men Don't Eat Gummi Bears (1989) Hands of a Murderer (1990; telefilme) A Very Brady Sequel'' (1996)

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa