Soiuz T-5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de maio de 1982 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz T-5, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Anatoli Berezovoi e Valentin Lebedev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7 e facer experimentos a bordo. A tripulación lanzou un pequeno satélite artificial de comunicacións de 28 kg para radioafeccionados desde a esclusa da Saliut 7.

Durante a súa estancia a estación recibiu a visita da Progress 13, a Soiuz T-6, a Soiuz T-7, a Progress 15 e a Progress 16. Berezovoi e Lebedev regresaron a terra na Soiuz T-7 o 10 de decembro de 1982 despois de 106 días en órbita, mentres que a Soiuz T-5 regresou o 27 de agosto de 1982 ás 15:04 GMT cos cosmonautas Leonid Popov, Savitskaya e Aleksandr Serebrov a bordo, aterrando a uns 118 km de Dzhezkazgan.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz T Saliut 7 Soiuz T-6 Soiuz T-7

Categoría:Programa Soiuz