Manuel Gómez Suárez, coñecido como El Electricista ou Do Cura, nado en Noia cara a 1888 e finado en Ferrol o 8 de xaneiro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Fene. Electricista do Arsenal de Ferrol. Era presidente do Grupo Galeguista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol. Condenado á pena de morte, foi executado no castelo de San Filipe o 8 de xaneiro de 1937 con 51 anos. Por responsabilidades civís fóronlle reclamadas á familia 16.000 ptas.

Categoría:Políticos do Partido Galeguista

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Noia

Categoría:Nados en 1888

Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes