O Templo da Lúa de Chía era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para a súa deusa da Lúa, Chía. O templo foi construído en Chía (Cundinamarca, Colombia), daquela parte da Confederación muisca. Era un dos templos máis importantes da relixión muisca.Ocampo López, 2013, Ch.4, p.33Ocampo López, 2007, Ch.V, p.226 O templo foi destruído durante conquista española do Altiplano Cundiboyacense. Coñécese moi pouco sobre o templo, que estaba asentado no outeiro Tíquiza no límite occidental de Chía con Tabio.Muisca Precolombino

Estrutura e adoración miniatura|110px|dereita|Escudo de armas de Chía, a Cidade da Lúa. Os muiscas tiñan coñecementos avanzados de astronomía e construían os seus lugares sagrados de acordo coa posición dos corpos celestes. O Templo da Lúa, ó igual que El Infiernito ou o Templo do Sol de Sugamuxi foron construídos seguindo estes patróns. Templo de la Luna in Chía - Pueblos Originarios

No templo os rituais eran organizados polos caciques e os zipas da Confederación muisca. Os caciques e sacerdotes do Templo da Lúa levaban roupas brancas, diferentes das do Templo do Sol, que eran vermellas. O Templo do Sol non era só un lugar de adoración, senón tamén de educación dos novos caciques e dos gobernantes muiscas.Education at the Moon Temple, Chía Chía, Ciudad de la Luna - El Tiempo

Outros templos da Lúa no mundo Pirámide da Lúa - relixión azteca San Gervasio - relixión maia Templo da Lúa - relixión inca Templo da Lúa - China Somnath - Hinduísmo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pobo muisca Categoría:Historia de Colombia