Airdeconut foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 902, datas deducidas polas moedas atopadas.
Moedas atopadas No ano 2011 foi atopado un tesouro de moedas e xoias antigas en Silverdale, Lancashire. Unha das moedas tiña a inscrición AIRDECONUT por un lado e polo outro as letras DNS (unha abreviatura de DOMINVS) REXMaev Kenedy The Guardian, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].. DOMINVS REX é unha expresión latina que pode ser traducido por "señor e rei"David Wilkes «Viking silver unearthed in England». Independent, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].. Os expertos do Museo Británico dixeron que a palabra Airdeconut debe ser unha forma do nome nórdico Harthacnut. De acordo con estes expertos, tendo en conta o deseño da moeda, está relacionada coas que se atoparon coas inscricións dos reis Siefredus e Cnut, que gobernaron o mesmo territorio conxuntamente entre 895 e 905Andrew Hough «Viking hoard provides new clues to 'previously unknown ruler'». The Telegraph, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].. A moeda suxire que Airdeconut foi un rei cristián, xa que aparece nela unha cruz no reverso, xunto con DNS REX.
Esta moeda é a única peza que proba a existencia dun gobernante de Northumbria chamado HarthacnutIan Richardson British Museum, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].. Segundo Gareth Williams, responsable das moedas medievais máis antigas do museo, había máis de cincuenta anos que non se descubría a existencia dun rei medieval dos que gobernaron no territorio de Gran Bretaña; anteriormente nun tesouro atopado en 1840, descubríranse outros dous reis de orixe nórdica.
Contexto histórico É probábel que Airdeconut fose un dos varios reis que compartiron o poder durante a época da Northumbria conquistada polos viquingos no inicio do século XJack Malvern «Metal detector forager discovers Viking hoard of silver in Lancashire field». The Australian [Consulta: 5 xullo 2017].. Este período caracterizouse pola inestabilidade política, os gobernantes viquingos de Dublín foron expulsados no 902 e algúns deles foron á illa de Gran Bretaña, onde os reinos anglosaxóns comezaban a se uniren para formar o reino de Inglaterra. Algúns deles chegaron ao trono de Jórvik. Houbo moitas batallas dos anglosaxóns de Mercia e Wessex contra os viquingos establecidos en Northumbria e en Anglia Oriental. Todo culminou coa batalla de Tettenhall en 910, cando un exército combinado de Wessex e Mercia derrotou os viquingos e na que morreron algúns dos reis de Northumbria, entre os que estaban Eowils e Halfdan.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Reis de Northumbria