Non confundir con Ragnall mac Ímair, rei viquingo do reino de Waterford (1000-1018).

Ragnall (irlandés antigo: Ragnall ua Ímair; nórdico antigo: Rögnvaldr), finado en 920 ou 921 p. 94, foi un caudillo hiberno-nórdico, monarca viquingo do reino de Northumbria, probabelmente tamén do oeste e norte de Escocia e case con certeza das illas Hébridas, tamén dominou a rexión do mar de Irlanda e a illa de Man, derrotando en batalla naval a Bárid mac Oitir en 914Anais do Ulster, ano 913 P. 140, que encabezou a defensa do reino viquingo de Mann en 914. chegando o seu poder até o sur (no reino de Waterford), a provincia irlandesa de Munster e brevemente tamén o reino viquingo de Jórvik (York) en Inglaterra que se diferenciaba de Northumbria naquel tempoForte, Oram e Pedersen (2005), Viking Empires, isbn 0-521-82992-5 Cap. IV p. 102.. Traxectoria Ragnall foi un dos netos de Ímar, o fundador da dinastía Uí Ímair (ou Casa de Ivar), e compartía o poder con outros nobres con vínculos de sangue como Sitric Cáech e Gofraid ua Ímair. A súa identidade cuestionouse durante certo tempo, pero cada vez ten máis peso a teoría de que Ragnall é a figura histórica de Rognvald Eysteinsson, personaxe que aparece na saga Orkneyinga como suxeriu o historiador Alex WoolfWolf (2007), pp. 300–303

O Ímar de quen descende Ragnall é un personaxe chamado o «rei dos homes do norte de toda Britania e Irlanda», cuxa morte consta nos Anais do Ulster en 873; ás veces identificouse como un dos caudillos do grande exército pagán, Ivar o Desosado, pero tal suposto non ten base argumentada p. 250–254.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Consultado vía Internet Archive. Consultado vía Internet Archive.

Consultado vía Internet Archive.

Subscription or UK public library membership required.

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 921