Machuca é un filme chileno escrito e dirixido por Andrés Wood que se estreou en 2004. Ambientado en Santiago de Chile en 1973 durante o goberno socialista de Salvador Allende e até pouco despois do golpe de estado do Xeneral Augusto Pinochet. Conta o historia de dous mozos: Gonzalo Infante que provén dunha familia rica de ascendencia europea, e Pedro Machuca que vive na pobreza e ten ascendencia indíxena. Coñécense nun colexio católico inglés de elite, onde o director, o Padre McEnroe, está a desenvolver un proxecto de integración social.
Foi rodado en xullo de 2003 cun orzamento de $1 700 000, e foi o resultado dunha cooperación internacional entre Chile e España. Machuca tivo unha boa acollida nos cines de Chile, pero non así fóra de América Latina.http://www.boxofficemojo.com/movies/?page=intl&id=machuca.htm
Personaxes Matías Quer como Gonzalo Infante Ariel Mateluna como Pedro Machuca Manuela Martelli como Silvana Ernesto Malbran como Father McEnroe Aline Küppenheim como María Luisa Infante Francisco Reyes como Patricio Infante Federico Luppi como Roberto Ochagavía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Andrés Wood Categoría:Filmes ambientados en Chile Categoría:Filmes ambientados en 1973