Soiuz TM-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de outubro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-20, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Elena Kondakova (a terceira muller rusa no espazo e a primeira nunha misión de longa duración), Ulf Merbold (da Axencia Espacial Europea) e Alexander Viktorenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.
A tripulación probou o sistema de acoplamento automático Kurs desacoplando a Soiuz, afastándoa uns centos de metros e deixando que se volvese acoplar automaticamente, con éxito. O sistema fallara durante a chegada da Progress M-24. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-25.
A Soiuz regresou a terra o 22 de marzo de 1995 ás 4:04 GMT, tocando terra a uns 22 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-19 Soiuz TM-21
Notas
Categoría:Programa Soiuz