José García Barzanallana y García de Frías, nado en Madrid o 24 de febreiro de 1819 e finado, tamén, en Madrid o 21 de febreiro de 1903, foi un avogado e político español, de familia asturiana, que foi ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII. Seu pai Juan García Barzanallana e seu irmán Manuel García Barzanallana tamén era facendistas coma el.

Traxectoria Graduado en Dereito pola Universidade de Barcelona en 1839. Foi membro do Ateneo de Madrid, e secretario da institución en varias ocasións entre 1847 e 1850.

A súa carreira política comezou en 1857 cando obtivo a súa acta de deputado por Teruel. Nos dous seguintes procesos electorais non saíu elixido polo que non volveu ao Congreso até 1864, cando obtivo un escano por Lugo e Teruel e , de novo, nas eleccións de 1867 por Alacant, Cuenca e Guadalaxara. Máis tarde, en 1876, foi elixido senador por Lugo, e no ano seguinte (1877) pasou a ser senador vitalicio.

Entre o 25 de xullo de 1876 e o 11 de xullo de 1877, foi ministro de Facenda nun goberno presidido por Antonio Cánovas del Castillo, e no que o seu principal obxectivo foi a diminución do déficit e o control da Débeda, para o que creou varios impostos.

Durante a súa longa carreira na Administración Pública ocupou, entre outros, os cargos de Director de Aduanas, Impostos e Débeda, de presidente do Tribunal de Contas (1884), gobernador do Banco de España (1895 - 1897), e director da Compañía Arrendataria de Tabacos.

Tamén dirixiu o xornal madrileño El Tiempo, en 1870, e foi membro das academias de Ciencias Morais e Políticas e da de Xurisprudencia e Lexislación.

Obras Lecciones de legislación de Aduanas (1850). Breves reflexiones sobre el comercio español y la renta de Aduanas (1854). La liga aduanera Ibérica (1862). La población de España (1872). Política comercial en España (1883). El Parlamento de Inglaterra (1883). Memoria leída na Academia de Ciencias Morais e Políticas. La contribución territorial en España (1884). Memoria leída na Academia de Ciencias Morais e Políticas. El establecimiento penal de la Nueva Caledonia (1884). Informe leído na Academia de Ciencias Morais e Políticas. La organización municipal de Londres (1884). Informe leído na Academia de Ciencias Morais e Políticas. Resumen de las actas de la Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1885) Los antiguos gremios (1889). La hacienda pública de Portugal en sus relaciones con la de España (1889). Memoria leída na Academia de Ciencias Morais e Políticas. La hacienda pública japonesa (1889). Memoria leída na Academia de Ciencias Morais e Políticas. La sal como materia imponible en España (1895). Capítulo de una obra en preparación, sobre "los principales impuestos durante el siglo actual en España"

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España Lista de ministros de Economía e Facenda

Ligazóns externas O congreso dos Deputados: Arquivo histórico de diputados. Expediente persoal do senador D. José García Barzanallana, no Senado. José García Barzanallana na Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico

Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Gobernadores do Banco de España