Francisco Ponzán Vidal, nado en Oviedo o 30 de marzo de 1911 e finado en Buzet (Francia) o 17 de agosto de 1944, foi un mestre e político español.

Traxectoria Residiu en Huesca desde moi novo. Militante da CNT. Na II República foi mestre na escola de Corzón (Mazaricos) e desde xaneiro de 1936 na de Camelle (Camariñas). Asesorou ao Sindicato de Oficios Varios de UGT de Ponte do Porto, principalmente ao seu líder e presidente Rogelio Mazaeda. O 15 de xullo trasladouse a Huesca para pasar as vacacións e alí pillouno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi destituído e cesado como mestre en agosto,El Ideal Gallego, 26-8-1936, p. 3. e como resultado do proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo en xuño de 1941.BOP A Coruña, 25-6-1941, p. 1. Enrolouse no exército da República. Coa derrota republicana pasou a Francia, onde colaborou coa resistencia e coa organización para a evasión de pilotos aliados que caían en Francia. Foi detido polos franceses de Vichy e entregado aos nazis. Morreu con 33 anos queimado polos nazis en Buzet-sur-Tarn.

Recoñecementos Foi recoñecido e condecorado a título póstumo polos gobernos e exércitos de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, pero non por España. O concello de Tolosa, presidido polo alcalde M. Pierre Cohen, dedicou un paseo na súa honra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía La Red de Evasión del Grupo Ponzán. Anarquistas en la guerra secreta contra el franquismo y el nazismo (1936-1944), Antonio Téllez Solá, Editorial Virus, Barcelona, 1996. Las montañas de la libertad, Josep Calvet, Alianza Editorial, Madrid, 2010. Lucha y muerte por la Libertad, 1936-1945. Francisco Ponzán Vidal y la Red de Evasión Pat O'Leary 1940-1944, Pilar Ponzán Vidal, Tot Editorial, Barcelona 1996. L'histoire de Pat O'Leary, Vincent Brome, Ed. Amiot-Dumont, París, 1957 (trad. inglesa: The Way Back. The Story of Lieut-Commander Pat O'Leary, The Companion Book Club, Londres, 1958. Pasión y muerte de los españoles en Francia, Federica Montseny, Ed. Espoir, Toulouse, 1969 (publicado anteriormente en fascículos en 1949-1950). Doble jeu pour la France. 1939-1944, Robert Terrés, Ed. Grásset et Fasquelle, París, 1977. Jacques, l'ami d'Achille, un agent français de la guerre secréte. Reseau d'evasions, Jacques Wattebled, Ed. Chassany, París, 1946. Documentació diversa de Francisco Ponzán Vidal 1936-1979. Barcelona : CRAI Biblioteca del Pavelló de la República, 2006.

Outros artigos Grupo Ponzán Alianza Democrática Española Pat O'Leary

Ligazóns externas Francisco Ponzán, el resistent oblidat, Xavier Muntaya, TV3, 2000 (vídeo) Redes de evasión

Categoría:Profesores de Asturias Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Membros españois da Resistencia francesa Categoría:Anarquistas de Asturias