2018 (MMXVIII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Acontecementos miniatura|Laparadas do incendio do Museu Nacional do Río de Xaneiro. Febreiro: Xogos Olímpicos de Inverno de Pyeongchang. Dende o 18 de abril: Revoltas en Nicaragua. Maio: Festival de Eurovisión de 2018 en Lisboa. 9 de maio: o partido da oposición liderado polo ex-primeiro ministro Mahathir bin Mohamad gaña as eleccións de Malaisia, dando paso ao primeiro cambio de goberno do país. 17 de maio: Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno. 23 de maio: en Paramos, Tui, estoupa unha pirotecnia ilegal, deixando dous mortos e causando outros múltiples danos, tanto humanos como materiais. 1 de xuño: en España unha moción de censura do PSOE, co apoio doutros grupos, desbanca a Mariano Rajoy, quedando Pedro Sánchez investido presidente. 10 de xuño: o ministro italiano, Matteo Salvini, pecha todos os portos marítimos ao barco Aquarius con máis de 629 inmigrantes a bordo. 14 de xuño - 15 de xullo: Mundial de Fútbol Rusia 2018. 23 - 24 de xullo: incendios en Grecia do 2018. Xullo: Wikimanía 2018 en Cidade do Cabo (Suráfrica). Agosto - setembro: protestas da extrema dereita en Chemnitz, Alemaña. 2 de setembro: Un incendio arrasa o Museu Nacional do Río de Xaneiro, Brasil. 9 de setembro: Eleccións xerais en Suecia. 12 de setembro: o Parlamento Europeo dá luz verde a sancionar a Hungría por poñer en risco os valores fundamentais da Unión Europea. Setembro: o furacán Florence, despois convertido en tormenta tropical, afecta á costa leste dos Estados Unidos de América, causando trinta mortos. Setembro: o tifón Mangkhut golpea Filipinas e outros países asiáticos, causando máis de cen mortos e outros graves danos. 28 de setembro: un terremoto seguido de tsunami causa máis de dous mil mortos en Indonesia. 23 de outubro: China inaugura a Ponte Hong Kong-Zhuhai-Macau. 17 de novembro - actualidade: Movemento dos chalecos amarelos en Francia.

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) declarou a curuxa común como Ave do ano 2018 .

Mortes miniatura|Charles Aznavour.

1 de xaneiro: Gonzalo Adrio, avogado e político galego (n. 1919). 11 de xaneiro: Severino Domínguez, sindicalista e político galego (n. 1915). 1 de febreiro: Isidro Novo, escritor galego (n. 1951). 22 de febreiro: Antonio Fraguas, "Forges", humorista gráfico español (n. 1942). 22 de febreiro - Venancio Blanco, escultor salmantino (n. 1923). 27 de febreiro: Enrique Castro, "Quini", futbolista español (n. 1949). 14 de marzo: Stephen Hawking, físico e divulgador inglés (n. 1942). 11 de maio: Berta Cáccamo, pintora galega (n. 1963). 28 de maio: María Dolores Pradera, cantante e actriz española (n. 1926). 26 de xuño: Xabier P. DoCampo, escritor galego (n. 1946). 12 de xullo: Xerardo Fernández Albor, presidente da Xunta de Galicia de 1981 a 1987 (n. 1917). 6 de agosto: Ernesto Chao, actor (n. 1943). 16 de agosto: Aretha Franklin, cantante estadounidense (n. 1942). 13 de setembro: Mary Midgley, filósofa británica (n. 1919). 1 de outubro: Charles Aznavour, cantante francés (n. 1924). 6 de outubro: Montserrat Caballé, cantante de opera (n.1933). 12 de novembro: Stan Lee, escritor e editor estadounidense (n.1922).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:2018