Anna Freixas Farré, nada en Barcelona o 21 de xullo de 1946, é unha escritora feminista e profesora de universidade catalá, xa xubilada.
Traxectoria Licenciouse e doutorouse en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, onde foi alumna de Miquel Siguán e onde desenvolveu os primeiros anos da súa actividade docente. En 1981 ingresou na Universidade de Córdoba, primeiro no Instituto de Ciencias da Educación e despois na Facultade de Ciencias da Educación, onde chegou a ser directora do departamento de Psicoloxía e catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Foi unha das creadoras da Aula de Estudos das Mulleres, que dirixiu entre 1994 e 2001, transformada despois na Cátedra Lionor de Guzmán.
As súas liñas de investigación foron o envellecemento das mulleres, coeducación e feminismo e a evolución da investigación e docencia en Psicoloxía desde unha perspectiva de xénero. Considérase que tivo unhas achegas pioneiras para o desenvolvemento da xerontoloxía feminista en España.
Obras Mujer y envejecimiento. Aspectos psicosociales (Fundació La Caixa, 1993) (Ed.) Abuelas, madres, hijas: La transmisión sociocultural del arte de envejecer (Icaria Editorial, 2005) Demà més: dones, vides i temps (Institut Català de les Dones, 2006)
Nuestra menopausia: una versión no oficial (Paidós, 2007). Tan frescas. Las nuevas mujeres mayores del siglo XXI (Editorial Paidós, 2013). Sin reglas. Erótica y libertad femenina en la madurez (Capitán Swing, 2018). Yo, vieja. Apuntes de supervivencia para seres libres (Capitán Swing, 2021).
Premios e recoñecementos
A súa obra Mujer y envejecimiento. Aspectos psicosociales recibiu o Premio Dr. Rogeli Duocastella de Investigación no campo das Ciencias Sociais, outorgado pola Fundación La Caixa, en 1993. En 1999 recibiu o VI Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos, concedido pola Asociación de Estudos Históricos e sobre a Muller da Universidade de Málaga. En 2009 recibiu, ex aequo, o Premio Meridiana da Xunta de Andalucía, en recoñecemento á labor realizada por persoas e institucións en pro da igualdade de dereitos entre homes e mulleres, na categoría de Iniciativas de Produción Artística, Cultural ou Deportiva.
En 2019 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade Simón Bolívar de Barranquilla (Colombia). Primeira muller en ter este recoñecemento. En 2021 recibiu o Premio Amigos dos Maiores 2021.
Notas
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Feministas de Cataluña