A lagoa de Iguaque atópase na xurisdición do concello de Chíquiza, preto de Villa de Leyva no departamento de Boyacá, Colombia. De acordo coa lenda muisca, a deusa Bachué saíu da lagoa cun neno no colo. Eles dous son considerados os devanceiros de toda a raza humana. As zonas contiguas tamén se atopan protexidas como parte do Santuario de fauna e flora Iguaque dende 1977.Parques nacionales de Colombia. Santuario De Fauna y Flora Iguaque. Consultado o 14 de febreiro de 2012.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relixión muisca Ligazóns externas Turismo na lagoa de Iguaque
Categoría:Lagos de Colombia