Soiuz TM-26 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 10 de febreiro de 1997 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-26, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Anatoli Soloviev e Pavel Vinogradov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación fixo varios paseos espaciais para reparar a estación, con avarías debido a varios accidentes.
Durante a misión recibiron a visita da misión STS-86, da Progress M-36, da STS-89 e da Soiuz TM-27.
A Soiuz TM-26 regresou a terra o 19 de febreiro de 1998 ás 9:10 GMT en Kazakhstán.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir STS-86 STS-89 Soiuz TM-25 Soiuz TM-27
Notas
Categoría:Programa Soiuz