Thin Man foi o nome en código dunha proposta de bomba nuclear de plutonio de tipo balístico usando plutonio-239 que os Estados Unidos comezaron a desenvolver no Proxecto Manhattan. O seu desenvolvemento abortouse ó descubrir que a taxa de fisión espontánea do seu plutonio reproducido en reactores nucleares era demasiado alta para o seu uso nunha arma de tipo balístico, por mor da alta concentración do istótopo plutonio-240.
O seu deseño era un deseño primitivo proposto antes de que o plutonio fose reproducido con éxito nun reactor nuclear a partir da irradiación de uranio-238. Os científicos asumían ata entón que o plutonio, ó igual que o uranio-235, podería ensamblarse nunha masa crítica cun método de tipo balístico, disparándolle unha peza subcrítica a outra. Para evitar unha predetonación ou "efervescencia", a "bala" de plutonio tería que acelerarse ata unha velocidade de polo menos , xa que doutra forma a reacción de fisión comezaría antes de que a ensamblaxe estivese completa, detonando o dispositivo de forma prematura.
O Thin Man tiña de largo, con de ancho e unha sección media de . A súa lonxitude era necesaria para que a "bala" de plutonio acadase unha velocidade axeitada antes de chegar ó obxectivo. O seu peso era duns no modelo final da arma. Só existía unha aeronave Aliada capaz de transportar o Thin Man sen sufrir modificacións, o Avro Lancaster británico. Porén, o Boeing B-29 Superfortress estadounidense podía modificarse para transportala eliminando parte do largueiro principal das ás e varios tanques de osíxeno localizados entre os seus dous compartimentos de carga.
Nunha reunión no Laboratorio de Los Alamos o 17 de xullo de 1944 os científicos acordaron a inviabilidade dunha bomba de plutonio de tipo balístico. O traballo no Proxecto Manhattan centrouse entón no deseño balístico do Little Boy con uranio, e a investigación en Los Alamos centrouse nos problemas da implosión das bombas Fat Man.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Armamento nuclear Categoría:Proxecto Manhattan