Nencatacoa ou Nem-catacoa era o deus e protector dos fabricantes de mantos, dos artistas e das festividades na relixión dos muiscas.Ocampo López, 2013, Ch. 9, p.57 Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e o seu traballo artesanal do ouro era ben coñecido e respectado, o que facía que Nencatacoa fose unha deidade protectora salientable.
Descrición miniatura|200px|esquerda|Tunjo zoomorfo no Museo do Ouro. Nencatacoa era representado coa forma dun animal da saleva, feito de ouro e cuberto cun manto. Nencatacoa parecíase a un raposo ou a un oso,Description Nencatacoa – Pueblos Originarios xa que como describiu Pedro Simón, "un animal con esa forma aparecía múltiples veces".
Era o deus protector dos tecedores, unha actividade que era moi importante entre os muiscas, que empregaban gran cantidade de materiais de fabricación, pero principalmente algodón e fique. miniatura|dereita|250px|Chicha; bebida alcohólica de millo fermentado que se bebía nas festividades adicadas a Nencatacoa. Nencatacoa era tamén o protector dos artistas e pintores que facían creacións na roupa, na cerámica, na ourivaría, na escultura e en petróglifoss con diferentes figuras antropomórficas, zoomórficas e ideogramas.Ocampo López, 2013, Ch. 9, p.58
Ademais, Nencatacoa era o deus das festividades, das borracheiras e a danza. Os muiscas bebían chicha, unha clase de bebida alcohólica baseada na fermentación do millo. Cando os pobos indíxenas construían as súas casas, axudáballes erguendo os pesados postes. Mesmo durante a construción das súas casas (bohíos) e templos, os muiscas bebían grandes cantidades de chicha.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relixión muisca Bibliografía
Categoría:Deuses muiscas Categoría:Deuses da arte