Follas Novas pode referirse a:

Follas novas, poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado en 1880; Follas Novas, semanario publicado na Habana, editado entre 1897 e 1909; Follas Novas, editorial e distribuidora de libros en galego, fundada por Neira Vilas e a súa muller, Anisia Miranda en Buenos Aires en 1957;

Follas Novas, cuarteto de música tradicional dos anos setenta en Ferrol;

Follas Novas, revista da Casa de Galicia de Bilbao, creada en 1989;

Follas Novas, Revista de Estudos Rosalianos, anuario da Fundación Rosalía de Castro que botou a andar en 2016; Premios Follas Novas do Libro Galego, convocados anualmente pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.