Explorer 45, tamén coñecido como S-Cubed A e SSS-A, foi un satélite artificial pertencente ao programa Explorer da NASA lanzado o 15 de novembro de 1971 mediante o último foguete Scout B desde a Plataforma de Lanzamento San Marco para estudar a magnetosfera terrestre.
Características Explorer 45 foi deseñado para estudar as características e orixe das correntes que rodean á Terra, as tormentas magnéticas e a relación entre tormentas, subtormentas e a aceleración das partículas cargadas na magnetosfera interior. O satélite medía as enerxías e dirección dos protóns, electróns e partículas alfa, así como campo magnético. As comunicacións con terra tiñan lugar mediante catro antenas dipolo separadas 90 graos entre si e situadas na superficie do satélite e grazas a dous transmisores, un dixital a 446 bps e outro dixital e analóxico funcionando a entre 30 Hz e 10 kHz. A alimentación eléctrica corría a cargo de células solares na superficie do satélite e unha batería recargable. O satélite estabilizábase mediante xiro a 7 r.p.m., co eixo de xiro situado no plano orbital (á súa vez case no plano ecuatorial da Terra). Explorer 45 foi apagado o 30 de setembro de 1974, tras case 3 anos de funcionamento. Había planificados tres satélites máis que o sucederían, pero foron cancelados.
Instrumentos O satélite levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Multiplicadores de electróns en canal con analizadores electrostáticos. Telescopio de estado sólido para protóns e partículas alfa. Detectores de estado sólido. Magnetómetros de porta de fluxo. Magnetómetro de busca de bobina. Medidores de campo eléctrico de corrente continua e corrente alterna.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Programa Explorer Scout B
Categoría:Programa Explorer