Phillis Wheatley, nada en África Occidental en 1753 e finada en Boston (Massachusetts) o 5 de decembro de 1784, foi unha escritora afroamericana, a primeira en publicar un libro nos Estados Unidos. A súa obra Poems on Various Subjects foi publicada en 1773, dous anos antes de que comezase a Guerra de independencia dos Estados Unidos, e está considerada un dos primeiros exemplos da literatura de xénero afro.

Traxectoria Nada no actual Senegal e instalada na actual Gambia, foi capturada e sometida á escravitude cando tiña sete anos. Foi levada a América contra 1760, e John e Susannah Wheatley, de Boston, comprárona e convertérona ao cristianismo. A familia de mercadores aseguráronse de que a moza intelectualmente dotada recibise unha boa educación, incluíndo estudos de latín, grego, mitoloxía e Historia. Pronto dominou o inglés e publicou o seu primeiro poema cara a 1767 con 13 anos, no Newport Mercury. Posteriormente publicou outras obras líricas.

En 1770 escribiu un tributo poético sobre a morte do calvinista George Whitefield, que foi merecedor dunha aclamada popularidade en Boston. A súa poesía foi admirada por moitas das figuras imperantes da Revolución Norteamericana. George Washington, louvouna polo seu "gran Xenio poético" e agradeceulle persoalmente un poema que ela escribiu na súa honra. Mais esta admiración non era universal. Por exemplo, Thomas Jefferson estaba dentro dos críticos máis duros da súa poesía.

A poesía de Wheatley xira ao redor de temas cristiáns, con moitos poemas dedicados a personalidades famosas. Escasa vez menciona a súa situación persoal. Un dos poucos que tratan a escravitude é "On being brought from Africa to America".

Moita xente branca atopaba difícil de crer que unha muller negra puidese ser tan intelixente como para escribir poesía. Así, en 1772 debeu defender a súa capacidade literaria na corte. Foi examinada por un grupo de intelectuais de Boston, entre eles John Erving, o reverendo Charles Chauncey, John Hancock, Thomas Hutchinson, o gobernador de Massachusetts, e o seu tenente gobernador Andrew Oliver. Concluíron que, de feito, ela era a autora dos poemas atribuídos e asinaron un certificado publicado no prefacio ao seu libro de Poems on Various Subjects, Religious and Moral. O traballo foi publicado en Aldgate (Londres) en 1773 pois a editorial en Boston negouse a aceptalo. Phillis e o fillo do seu señor, Nathanial Wheatley, foron a Inglaterra, onde Selina, a Condesa de Huntingdon, e o Conde de Dartmouth axudárona con incentivos económicos.

Algúns críticos citan a exitosa defensa de Wheatley da súa obra na corte e a publicación do seu libro como o primeiro recoñecemento oficial da literatura afroamericana. En 1778 o poeta afroamericano Jupiter Hammon compuxo unha oda a Wheatley.

Tras a morte de John e Susannah Wheatley, Phillis casou con John Peters, un negro liberto que traballaba vendendo verduras. Logo de o seu marido abandonala, traballou como serventa doméstica. Nin o traballo duro nin a súa habilidade artística lle trouxeron prosperidade, e morreu aos 31 anos sumida na pobreza. O seu terceiro fillo morreu unhas horas despois. Non se atopou un segundo volume de poesía no que estaba traballando.

Obra miniatura|Poems on Various Subjects, Religious and Moral, 1773 Poems on Various Subjects, Religious and Moral (1773) An Elegy, Sacred to the Memory of the Great Divine, the Reverend and Learned Dr. Samuel Cooper, Who Departed This Life December 29, 1783 Memoir and Poems of Phillis Wheatley, a Native African and Slave (Boston, 1834)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Literatura afroamericana Olaudah Equiano Frederick Douglass Harriet Beecher Stowe Kate Chopin

Bibliografía American Literature to 1900 vol. I, de Teresa Gibert, Centro de Estudos Ramón Areces, Madrid

Ligazóns externas Obras de Phillis Wheatley no Proxecto Gutenberg. Poemas, na web de JMU . Jupiter Hammon's Poem to Phillis Wheatley Power Writers

Categoría:Finados en 1784 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Nados en 1753 Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia senegalesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia gambiana