miniatura|250px A Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos (), tamén coñecida polas siglas AEC, foi unha axencia do goberno dos Estados Unidos establecida trala segunda guerra mundial polo Congreso dos Estados Unidos para fomentar e controlar o desenvolvemento da ciencia e tecnoloxía atómica. O presidente Harry S. Truman asinou a Acta de Enerxía Atómica/McMahon o 1 de agosto de 1946, transferindo o control da enerxía atómica dende o exército a mans civís, facéndose efectiva o 1 de xaneiro de 1947. Este cambio deulle ós membros da AEC o control completo das plantas, laboratorios, equipamento e persoal involucrado na produción da bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.
A AEC tivo un papel importante no desenvolvemento institucional da ecoloxía de ecosistemas, fornecendo recursos financeiros para a investigación ecolóxica. Tamén forneceu unha serie de novas técnicas para as investigacións ecoloxistas. A finais dos anos 1950 e comezos dos anos 1960 a AEC aprobou financiamento para varios proxectos medioambientais nas rexións do Ártico, deseñados para avaliar os efectos da enerxía nuclear sobre o ambiente.
Nos anos 1960 incrementáronse as críticas das regulacións da AEC, indicando que erean insuficientes en varias áreas, incluíndo os estándares de protección contra a radiación, a seguridade dos reactores nucleares e a protección ambiental. En 1974 o Congreso decidiu abolir a AEC por medio da Acta de Reorganización da Enerxía de 1974, que asignou as súas funcións a dúas novas axencias: a Administración de Investigación e Desenvolvemento da Enerxía dos Estados Unidos e a Comisión de Regulación Nuclear dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Clarfield, Gerard H., and William M. Wiecek. Nuclear America: military and civilian nuclear power in the United States, 1940-1980 (Harpercollins, 1984). Richard G. Hewlett; Oscar E. Anderson. The New World, 1939-1946. University Park: Pennsylvania State University Press, 1962. Richard G. Hewlett; Francis Duncan. Atomic Shield, 1947-1952. University Park: Pennsylvania State University Press, 1969. Richard G. Hewlett; Jack M. Holl. Atoms for Peace and War, 1953-1961: Eisenhower and the Atomic Energy Commission. Berkeley: University of California Press, 1989. Rebecca S. Lowen. "Entering the Atomic Power Race: Science, Industry, and Government," Political Science Quarterly 102#3 (1987), pp. 459–479 JSTOR Mazuzan, George T., and J. Samuel Walker. Controlling the atom: The beginnings of nuclear regulation, 1946-1962 (Univ of California Press, 1985)
Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Historia dos Estados Unidos de América