O Gran Premio de Italia de 1991 (oficialmente Coca-Cola 62° Gran Premio d'Italia) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de setembro de 1991 en Monza. Foi a duodécima carreira da tempada de Fórmula Un de .
A carreira de 53 voltas foi gañada por Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault, logo de que comezase desde a segunda posición. Ayrton Senna terminou segundo nun McLaren - Honda, partindo desde a pole position, con Alain Prost terceiro nun Ferrari.
Informe A gran noticia entre os Grandes Premios de Béxica e Italia viraba en torno ao mozo Michael Schumacher, que debutara no Jordan no Bélxica. Schumacher asinara con Benetton mentres aínda estaba baixo contrato con Jordan. Logo de moitas disputas legais, o alemán foi confirmado en Benetton, mentres que Roberto Moreno tomou o lugar de Schumacher en Jordan. Michael Bartels volveu a Lotus, xa que Johnny Herbert tiña máis compromisos na Fórmula 3000 xaponesa.
En cualificación, Ayrton Senna logrou a pole novamente, co seu rival ao título, Nigel Mansell en segundo lugar, e o inglés queixándose do tráfico nas súas últimas dúas voltas rápidas. Gerhard Berger foi terceiro, seguido de Riccardo Patrese, Alain Prost, Jean Alesi, Schumacher, Nelson Piquet, no seu 200º Gran Premio, Moreno e Pierluigi Martini, no Minardi motorizado por Ferrari.
Ao principio, Senna escapouse de Mansell, Berger, Patrese e Alesi, e todos lograron superar a dobre chicana de Rettifilo. Moreno foi unha das primeiras baixas xa que se saíu na volta 2.
Patrese comezou a atacar, primeiro desfíxose de Berger, e logo de Mansell. Na volta 26 pasou a Senna na chicana de Ascari, pero na volta seguinte unha falla na caixa de cambios sacouno da carreira. Senna agora lideraba diante de Mansell e Berger, con Mansell presionando a Senna para o liderado, e na volta 34 tomouno cunha manobra de freada perfectamente sincronizada ao entrar na chicana Ascari. Senna procedeu a cambiar pneumáticos e saíu no quinto lugar, pero non estaba de humor para quedar alí. Senna procedeu a pasar Schumacher entrando en Ascari, e logo pasando a Berger na primeira curva, e volveu ao segundo posto pasando ao seu archirival Prost entrando na segunda chicana. Mansell, mentres tanto, achegouse á vitoria diante de Senna, Prost, Berger, Schumacher e Piquet, Alesi retirouse co motor rebentado. Con catro carreiras por diante, Senna aínda lideraba sobre Mansell por 18 puntos, pero esta carreira confirmou que Mansell e Williams poderían vencer ao McLaren de Senna nunha pelexa directa.
Clasificación
Cualificación previa Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 8 Mark Blundell Brabham-Yamaha 1:24.271 2 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 1:25.117 +0.846 3 14 Olivier Grouillard Fondmetal-Ford 1:25.556 +1.285 4 9 Michele Alboreto Footwork-Ford 1:25.771 +1.500 5 18 Fabrizio Barbazza AGS-Ford 1:27.392 +3.121 6 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:27.401 +3.130 7 10 Alex Caffi Footwork-Ford 1:27.608 +3.337 8 31 Pedro Chaves Coloni-Ford — —
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.114 1:21.245 2 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:21.328 1:21.247 +0.133 3 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 1:21.360 1:21.346 +0.232 4 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:21.619 1:21.372 +0.258 5 27 Alain Prost Ferrari 1:22.080 1:21.825 +0.711 6 28 Jean Alesi Ferrari 1:21.956 1:21.890 +0.776 7 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:22.471 1:22.553 +1.357 8 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 1:23.176 1:22.726 +1.612 9 32 Roberto Moreno Jordan-Ford 1:23.102 1:23.447 +1.988 10 23 Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 1:23.294 1:23.789 +2.180 11 8 Mark Blundell Brabham-Yamaha 1:23.473 1:24.400 +2.359 12 16 Ivan Capelli Leyton House-Ilmor 1:23.674 1:24.755 +2.560 13 4 Stefano Modena Tyrrell-Honda 1:24.457 1:23.701 +2.587 14 33 Andrea de Cesaris Jordan-Ford 1:24.060 1:23.921 +2.807 15 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 1:24.464 1:24.265 +3.151 16 21 Emanuele Pirro Dallara-Judd 1:24.584 1:24.282 +3.168 17 24 Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 1:24.287 1:25.223 +3.173 18 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 1:24.391 1:25.023 +3.277 19 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 1:24.713 1:24.643 +3.529 20 22 JJ Lehto Dallara-Judd 1:24.733 1:24.725 +3.611 21 25 Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 1:26.133 1:25.177 +4.063 22 26 Érik Comas Ligier-Lamborghini 1:25.478 1:25.420 +4.306 23 34 Nicola Larini Lambo-Lamborghini 1:25.717 1:25.934 +4.603 24 29 Éric Bernard Lola-Ford 1:26.325 1:25.871 +4.757 25 11 Mika Häkkinen Lotus-Judd 1:26.701 1:25.941 +4.827 26 14 Olivier Grouillard Fondmetal-Ford 1:26.416 1:26.805 +5.302 27 9 Michele Alboreto Footwork-Ford 1:26.563 1:27.198 +5.449 28 12 Michael Bartels Lotus-Judd 1:27.169 1:26.829 +5.715 29 35 Eric van de Poele Lambo-Lamborghini 1:27.110 1:27.099 +5.985 30 30 Aguri Suzuki Lola-Ford 1:27.257 18:14.470 +6.143
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 53 1:17:54.319 2 10 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 53 + 16.262 1 6 3 27 Alain Prost Ferrari 53 + 16.829 5 4 4 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 53 + 27.719 3 3 5 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 53 + 34.463 7 2 6 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 53 + 45.600 8 1 7 33 Andrea de Cesaris Jordan-Ford 53 + 51.136 14 8 16 Ivan Capelli Leyton House-Ilmor 53 + 1:15.019 12 9 24 Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 52 + 1 volta 17 10 21 Emanuele Pirro Dallara-Judd 52 + 1 volta 16 11 26 Érik Comas Ligier-Lamborghini 52 + 1 volta 22 12 8 Mark Blundell Brabham-Yamaha 52 + 1 volta 11 13 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 52 + 1 volta 19 14 11 Mika Häkkinen Lotus-Judd 49 + 4 voltas 25 15 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 49 + 4 voltas 18 16 34 Nicola Larini Lambo-Lamborghini 48 + 5 voltas 23 Ret 14 Olivier Grouillard Fondmetal-Ford 46 Motor 26 Ret 22 JJ Lehto Dallara-Judd 35 Temperatura 20 Ret 4 Stefano Modena Tyrrell-Honda 32 Motor 13 Ret 28 Jean Alesi Ferrari 29 Motor 6 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 27 Caixa de cambios 4 Ret 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 24 Acelerador 15 Ret 29 Éric Bernard Lola-Ford 21 Motor 24 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 8 Trompo 10 Ret 32 Roberto Moreno Jordan-Ford 2 Trompo 9 Ret 25 Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 1 Trompo 21 NSC 9 Michele Alboreto Footwork-Ford NSC 12 Michael Bartels Lotus-Judd NSC 35 Eric van de Poele Lambo-Lamborghini NSC 30 Aguri Suzuki Lola-Ford NSCP 18 Fabrizio Barbazza AGS-Ford NSCP 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford NSCP 10 Alex Caffi Footwork-Ford NSCP 31 Pedro Chaves Coloni-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Ayrton Senna 77 2 Nigel Mansell 59 3 Riccardo Patrese 34 4 Gerhard Berger 31 5 Alain Prost 25
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda 108 2 Williams-Renault 93 3 Ferrari 39 4 Benetton-Ford 33 5 Jordan-Ford 13
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1991 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1