centro|80x80px Patinaxe artística sobre xeo feminino Ouro 1928 Patinaxe artística Ouro 1932 Patinaxe artística Ouro 1936 Patinaxe artística Sonja Henie, nada en Oslo o 8 de abril de 1912 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1969 foi unha patinadora norueguesa, campioa olímpica de patinaxe sobre xeo en tres ocasións, dez veces campioa do mundo (1927-1936) e seis veces campioa de Europa (1931-1936). Desenvolveu tamén unha ampla traxectoria como actriz.

Traxectoria Sonja Henie naceu en Cristiania (actual Oslo), filla de Wilhem Henie, campión do mundo de ciclismo e próspero comerciante de peles. O seu pai contratou os mellores adestradores do mundo incluíndo a bailarina rusa Tamara Karsavina, para converter a súa filla nunha celebridade do deporte. Logrou a medalla de ouro en tres xogos olímpicos consecutivos. Nos Xogos Olímpicos de 1924 en Chamonix, Sonja ocupou a oitava praza pero con tan só once anos e sendo xa campioa do seu país. Na seguinte edición dos xogos olímpicos acudiu como campioa do mundo (logrado en 1927 con tan só 14 anos) e logrou a súa primeira medalla de ouro olímpica. Dende ese momento logrou outras dúas medallas de ouro olímpicas máis nos xogos seguintes.

Sonja foi a primeira patinadora en adoptar como vestimenta a saia característica das patinadoras e de realizar elaboradas coreografías. A súa técnica innovadora e o seu estilo elegante transformaron o deporte da patinaxe e convertérona nunha lenda deste deporte. Tamén foi unha boa xogadora de tenis.

Henie chegou a ser tan popular que a policía tiña que intervir nas súas aparicións públicas para controlar a gran masa de afeccionados. Trala súa terceira medalla de ouro olímpica nos Xogos de Garmisch-Partenkirchen, en 1936, Sonia pasou ao profesionalismo participando en diversos espectáculos onde logrou grande éxito, sobre todo nos Estados Unidos. En 1938 publicou a súa autobiografía, que foi reeditada e volta a publicar en 1954. En 1941 logrou a nacionalidade norteamericana. Retirouse das actuacións en 1958 co filme Hello, London.

Casou en tres ocasións, con Dan Topping, Winthrop Gardiner, e finalmente co rico mecenas de arte noruegués Niels Onstad en 1956. Xuntos fixaron a súa residencia en Oslo onde acumularon unha importante colección de arte moderna que serviu para a creación do Henie-Onstad Art Centre en Høvikodden, preto de Oslo.

A mediados dos anos 60 foi diagnosticada de leucemia, a cal lle provocou a morte en 1969 á idade de 57 anos durante un voo entre París e Oslo.

Controversia As conexións de Henie con Adolf Hitler e outros altos funcionarios nazis foi obxecto de controversia antes, durante e despois da segunda guerra mundial. Durante a súa carreira como patinadora, presentouse frecuentemente en Alemaña e era unha das artistas favoritas do público alemán e persoalmente de Hitles.

A controversia xurdiu cando Henie recibiu a Hitler cun saúdo nazi durante unha exposición en Berlín antes dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936, polo que foi fortemente criticada pola prensa norueguesa. Henie non repetiu o saúdo nos xogos de Garmisch-Partenkirchen, mais tras a competición aceptou un convite para xantar con Hitler na súa casa das proximidades de Berchtesgaden, onde Hitler presentou a Henie cunha foto autografada. Despois de comezar a súa carreira no cinema, Henie mantivo estas conexións, por exemplo, organizando persoalmente con Joseph Goebbels o lanzamento do seu primeiro filme, One in a Million (1936), en Alemaña. Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi, as tropas alemás viron unha foto autografada de Hitler no piano da casa da familia Henie en Landøya, Asker. Como resultado, ningunha das propiedades de Henie en Noruega foron confiscadas ou damnificadas polos alemáns.

Henie nacionalizouse estadounidense en 1941 e como moitas estrelas de Hollywood, apoiou o esforzo de guerra do paías mediante a United Service Organization e actividades similares; con todo, tivo coidado de evitar apoiar o movemento de resistencia norueguesa ou faces declaracións públicas contra os nazis. Iso fixo que fose criticada por noruegueses e estadounidenses, aínda que fixo un retorno triunfal a Noruega coa súa xira Holiday on Ice en 1953 e 1955.

Resultados Individuais Ano 1923 1924 1925 1926 1927 1928 1929 1930 1931 1932 1933 1934 1935 1936 Xogos Olímpicos de Inverno 8.ª 1.ª 1.ª 1.ª Campionato do Mundo 5.ª 2.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª Campionato de Europa 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª Campionato de Noruega 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª

Parellas (con Arne Lie) Ano 1926 1927 1928 Campionato do Mundo 5.ª Campionato de Noruega 1.ª 1.ª 1.ª

Distincións En 1938, con vinte e cinco anos, converteuse na persoa máis nova declarada cabaleiro de primeira clase da Real Orde Norueguesa de San Olav. World Figure Skating Hall of Fame (1976).  International Women's Sports Hall of Fame (1982). Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía AnoTítuloPersonaxe1927Seven Days for ElizabethPatinadora1929Se NorgeEla mesma1936One in a MillionGreta "Gretchen" Muller1937Thin IceLili HeiserAli Baba Goes to TownEla mesma (cameo)1938Happy LandingTrudy EricksenMy Lucky StarKrista Nielsen1939Second FiddleTrudi HovlandEverything Happens at NightLouise1941Sun Valley SerenadeKaren Benson1942IcelandKatina Jonsdottir1943WintertimeNora1945It's a PleasureChris Linden1948The Countess of Monte CristoKaren Kirsten1958Hello LondonEla mesma

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas CNNSI.com - 100 Greatest Female Athletes Perfil en olympic.org Whims of Fate: Sonja Henie Sonja Heine por Reidar Børjeson Sonja Henie Snapshot - Fan website Fotografías de Sonja Henie Filmografía de Sonja Henie en YouTube

Categoría:Actores de cinema de Noruega Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Finados por leucemia Categoría:Patinadores artísticos olímpicos de Noruega Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1928 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1932 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1928 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1932 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Noruega