O Instituto de Crédito Oficial (Instituto de Crédito Oficial, oficialmente e en español) é un banco público adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa. Foi fundada en 1971, como institución pública responsable da coordinación e control dos bancos. Ten a natureza xurídica de entidade de crédito e consideración de Axencia Financeira do Estado«Art. 1.2 d) Ley 10/2014, de 26 de junio, de ordenación, supervisión y solvencia de entidades de crédito.». BOE.. O financiamento realízase a través da emisión de renda fixa. As súas funcións son, sobre todo, promover actividades económicas que contribúan ao crecemento e desenvolvemento do país, así como a mellora da distribución da riqueza nacional.
Lista de presidentes Debaixo están listados os presidentes que tivo o ICO desde a súa creación en 1971: ?? (1971-1978). Rafael Bermejo Blanco (1978-1982). Miguel Martín Fernández (1982). Julián García Vargas (1982-1985). Miguel Muñiz de las Cuevas (1986-1995). Fernando Becker Zuazua (1996-1998). José Gasset Loring (1999-2000). Ramón Aguirre Rodríguez (2000-2003). Aurelio Martínez Estévez (2004-2009). José María Ayala Vargas (2009-2011). Román Escolano Olivares (2012-2014). Irene Garrido Valenzuela (2014-2015). Emma Aguilera Navarro (2015-novembro 2016). Pablo Zalba Bidegain (19 de novembro de 2016-presente)Real Decreto 537/2016, de 18 de noviembre, por el que se nombra Presidente del Instituto de Crédito Oficial a don Pablo Zalba Bidegain..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do ICO
Categoría:Economía de España Categoría:Bancos de España