Jerónimo Figueroa Domenech, nado no Pindo (Carnota) cara a 1862 e finado en Madrid o 2 de novembro de 1929, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Jerónimo Figueroa, alcalde de Corcubión de 1858 a 1861, e María Domenech. Foi director da banda de Corcubión en 1884. Editou en Corcubión en 1890 o periódico El Adelanto xunto a Antonio Porrúa. Marchou a México, onde publicou obras históricas. Residiu uns anos en Madrid. Pasou despois a Cuba e fundou na Habana en 1919 a revista La Unión Ibérica. Regresou a Madrid en 1921La Voz de Galicia, 1-12-1921, p. 1. e presentou no Ministerio de Fomento varios inventos para obter patente. Colaborou na revista Nerio e publicou en 1925 o artigo "El Corcubión de antaño" en La Voz de GaliciaLa Voz de Galicia, 26-9-1925, p. 5.. Tamén colaborou en Región Gallega, El Noroeste e El Ideal Gallego e no periódico madrileño El Globo.

Obras Guía general descriptiva de la República Mexicana (2 tomos). Ramón de S. N. Araluce, 1899. La revolución y sus héroes. Crónica de los sucesos politicos ocurridos en México desde octubre de 1910 á mayo de 1911. Herrero hermanos, 1911. Veinte meses de anarquía. Crónica de los sucesos políticos ocurridos en México desde julio de 1911 a febrero de 1913; el interregno político, la administración Maderista, D. Félix Díaz y la decena trágica. Herrero hermanos, 1913.

Vida persoal Casou en México con Juana Cedillo e tivo dúas fillas: América e Juana Figueroa Cedillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Luís (9/12/2019) "Jerónimo Figueroa quiso vivir y morir en Corcubión y no pudo" La Voz de Galicia . Ligazóns externas A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte) J. Figueroa Domenech: "Un gran salto de auga. Os misterios do Pindo" (1924)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de México Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público