Segundo Rey Fernández, nado en Corcubión nos anos oitenta do século XIX e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1953, foi un industrial e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Rey e Francisca Fernández Tomé. Traballou como oficial do Rexistro da Propiedade e como administrador dos automóbiles de liña. Foi director da revista Nerio. Foi elixido directivo do Liceo de Artesanos en varias ocasións. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu persecución soterrada polos falanxistas locais: hostilidades, trabas, restricións e obstáculos.

Vida persoal Casou en Fisterra con Rosina Muñoz Insua o 3 de xullo de 1907.

Véxase tamén Ligazóns externas Las desgracias de la familia Rey Muñoz, de Corcubión, en los tiempos del odio

Categoría:Xornalistas de Corcubión Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Finados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes