As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española, logo da destitución do Presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont. Os tres partidos a prol da independencia gañaron unha escasa maioría de escanos parlamentarios, acadando 70 de 135, mais quedaron por baixo da maioría no voto popular ao conseguiren o 47,6% dos votos.

Calendario Calendario das eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 Anuncio de convocatoria de eleccións 27 de outubro Firma, polo Presidente do Goberno, do Real Decreto 946/2017, de 27 de outubro, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Cataluña e da súa disolución. Publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) 28 de outubro Data límite de presentación de coalicións 7 de novembro Data límite de presentación de candidaturas 17 de novembro Proclamación das candidaturas 25 de novembro Campaña electoral Xornada de reflexión 20 de decembro Xornada electoral 21 de decembro

Historia Contexto A convocatoria de eleccións tivo lugar despois de que o Senado aprobase por maioría absoluta as medidas de aplicación do artigo 155 da Constitución española na comunidade autónoma de Cataluña remitidas polo Goberno de España, debido á declaración unilateral de independencia aprobada mediante voto secreto no pleno do Parlamento de Cataluña cun resultado de 70 votos a favor, 10 en contra, 2 votos en branco e 53 ausencias, catro semanas despois da celebración do referendo de independencia. As medidas aprobadas a continuación en reunión extraordinaria do Consello de Ministros relativas á aplicación do artigo 155 cesaron ao entón presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, ao vicepresidente Oriol Junqueras e ao resto de membros do Consello de Goberno autonómico.

Convocatoria O 27 de outubro o presidente do Goberno Mariano Rajoy anunciou, acompañadas do anuncio de destitución de Carles Puigdemont e o seu consello de goberno, a disolución do Parlamento de Cataluña e a convocatoria de eleccións autonómicas para o xoves 21 de decembro de 2017. Conforme ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral (LOREG), a lei electoral española, deben transcorrer un mínimo de 54 días -o período que separa o sábado 28 de outubro e o xoves 21 de decembro- entre a publicación do real decreto de convocatoria electoral no Boletín Oficial do Estado (con correspondente entrada en vigor) e a celebración dos comicios en cuestión..

Presentación das candidaturas O día 18 de novembro presentáronse as diferentes candidaturas en cada circunscrición, publicándose no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña ao día seguinte. En total presentáronse 17 candidaturas, con 16 delas presentándose na circunscrición de Barcelona (Partido dos Socialistas de Cataluña, Partido Popular, Partido Animalista Contra el Maltrato Animal, Ciudadanos, Esquerra Republicana-Catalunya Sí, DIÀLEG, Candidatura de Unidad Popular, Per Un Món Més Just, Catalunya en Comú-Podem, Junts per Catalunya, La Familia Paz y Libertad, Recortes Cero-Grupo Verde, Democracia Nacional, Partit Familia i Vida, Convergents y Unidos y Socialistas+por la Democracia), mentres que na circunscrición de Tarragona presentouse unha lista non presente no resto das circunscricións: CILUS. En Tarragona presentáronse 12 das 17 candidaturas, e en Lleida e Xirona 11.

Proclamación das candidaturas O 25 de novembro de 2017 o Boletín Oficial do Estado e o Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publicaron as listas definitivas das candidaturas proclamadas para os comicios. Un total de 11 candidaturas foron proclamadas para os comicios, 10 delas en todas as circunscricións e Per un Mon més Just só nas circunscricións de Xirona e Lleida.

O 19 de decembro de 2017, dous días antes das eleccións, a Xunta Electoral Central acordou retirar a candidatura Diàleg Republicà (Diàleg), candidatura auspiciada por ERC para esquivar unha hipotética ilegalización do partido republicano, como medida preventiva ante unha hipotética ilegalización no contexto da aplicación do artigo 155 da Constitución e contabilizar en branco os votos que puidese recibir a candidatura do partido político.

Barcelona As candidaturas presentadas número 8 (Per Un Món Més Just, PUM+J), número 11 (La Familia Paz y Libertad, La Familia), número 13 (Democracia Nacional, DN), número 14 (Partit Familia i Vida, PFiV), número 15 (Convergents, CNV) e número 16 (Unidos y Socialistas+por la Democracia, UNIDOS-DEf-Socialistas) non chegaron a ser proclamadas. N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas 1 30px Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) 2 30px Partit Popular/Partido Popular (PP) 3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA) 4 30px Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's) 5 30px Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (ERC-CatSí) 6 30px Diàleg Republicà (Diàleg) 7 30px Candidatura d'Unitat Popular (CUP) 9 30px Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem) 10 30px Junts per Catalunya (JUNTSxCAT) 12 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Xirona

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas 1 30px Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE) 2 30px Partit Popular/Partido Popular (PP) 3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA) 4 30px Per Un Món Més Just (PUM+J) 5 30px Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí) 6 30px Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's) 7 30px Diàleg Republicà (Diàleg) 8 30px Candidatura d'Unitat Popular (CUP) 9 30px Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem) 10 30px Junts per Catalunya (JUNTSxCAT) 11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Lleida

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas 1 30px Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE) 2 30px Partido Popular/Partit Popular (PP) 3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA) 4 30px Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's) 5 30px Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí) 6 30px Candidatura d'Unitat Popular (CUP) 7 30px Junts per Catalunya (JUNTSxCAT) 8 30px Per Un Món Més Just (PUM+J) 9 30px Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem) 10 30px Diàleg Republicà (Diàleg) 11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Tarragona As candidaturas presentadas número 9 (Per Un Món Més Just, PUM+J) e número 12 (Ciudadanos Libres Unidos, CILUS) non chegaron a ser proclamadas. N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas 1 30px Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE) 2 30px Partido Popular (PP) 3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA) 4 30px Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's) 5 30px Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí) 6 30px Candidatura d'Unitat Popular (CUP) 7 30px Diàleg Republicà (Diàleg) 8 30px Junts per Catalunya (JUNTSxCAT) 10 30px Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem) 11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Resultados miniatura|right|Distribución de escanos por circunscrición. Os resultados cun escrutinio do 99,89% (actualidado a 22/12/2017 01:08) foron: Partido Escanos %Escanos Votos %Votos Ciudadanos 37 27.41 1,102,099 25.48 Junts per Catalunya 34 25.19 940,602 21.75 ERC 32 23.70 929,407 21.49 PSC 17 12.59 602,966 13.94 Catalunya en Comú - Podem 8 5.93 323,695 7.48 CUP 4 2.96 193,352 4.47 PP 3 2.22 184,108 4.26 PACMA 0 0 38,520 0.89 Recortes cero 0 0 10,114 0.23 PUM+J 0 0 573 0.01 Diàleg 0 0 0 0

O total de escanos repartidos son 135, polo que a maioría está en 68 escanos.

Notas

Referencias

Categoría:Eleccións ao Parlamento de Cataluña Categoría:Eleccións celebradas en 2017