O Petrojarl Foinaven foi un FPSO (Floating crude Production Storage and Offloading unit) construído en ASTANO.
Deseño O Petrojarl Foinaven foi construído en ASTANO como modificación dun buque existente, o Anadyr. Un buque construído para o mantemento e transporte de submarinos soviéticos, tiña unha eslora de 226,20 m e unha manga de 30 m. O buque foi construído en 1989 por Wärtsila, no estaleiro Turku, Finlandia.Rodríguez Vidal, Carlos (23/4/2012). "FPSO Petrojarl Foinaiven" tecnologia-maritima.blogspot.com.es . miniatura|O Anadyr antes de ser transformado no Petrojarl Foinaven. En Ferrol foi cortado o buque para aproveitar a proa e a popa que serían ensambladas ao corpo central de 142 m de eslora e 34 m de manga construído por ASTANO. Ao deseño engadíuselle un heliporto na proa. En 1994 ASTANO firmou un contrato con Golar-Nor Offshore para a construción do Petrojarl IV (Petrojarl Foinaven). Está deseñado para operar en profundidades de ata 500 metros.
En 2023 foi levado a Dinamarca para despezalo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Discoverer Enterprise Ligazóns externas Petrojarl Foinaven
Categoría:Plataformas petrolíferas móbiles Categoría:Barcos de 1995