O aeroporto internacional de Singapur Changi , ou sinxelamente aeroporto de Changi, é o principal aeroporto civil de Singapur e un dos centros de conexión máis grandes do Sueste Asiático. É considerado o mellor aeroporto do mundo por Skytrax, obtendo esa distinción por quinto ano consecutivo dende 2013 e é un dos aeroportos máis concorridos do mundo en termos de pasaxeiros internacionais e carga. Está situado en Changi, no límite leste de Singapur, a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Está operado polo Changi Airport Group e é a principal base de Singapore Airlines, Singapore Airlines Cargo, SilkAir, Scoot, Jetstar Asia Airways e BOC Aviation.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Singapur