miniatura|300px|dereita|Resposta policlonal das células B contra epítopos lineais. miniatura|300px|Exemplos de substancias recoñecidas como alleas (non propias). A resposta policlonal das células B é un tipo natural de resposta inmune que presenta o sistema inmunitario adaptativo dos mamíferos. Posibilita que un determinado antíxeno sexa recoñecido e atacado polas súas partes solapantes, chamadas epítopos, por múltiples clons de células B.

No decurso dunha resposta inmunitaria normal, algunhas partes do patóxeno (por exemplo, unha bacteria) son recoñecidos polo sistema inmunitario como algo alleo (non propio), e eliminadas ou neutralizadas para reducir os posibles danos que poderían causar. A substancia recoñecible chámase antíxeno. O sistema inmunitario pode responder de moitas maneiras ao antíxeno; unha característica fundamental desta resposta é a produción de anticorpos polas células B (ou linfocitos B) que interveñen nun conxunto de accións do sistema inmunitario chamado inmunidade humoral. Os anticorpos son solubles e non requiren para o seu funcionamento un contacto directo célula a célula entre o patóxeno e a célula B.

Os antíxenos poden ser substancias grandes e complexas, e calquera anticorpo pode só unirse a unha área pequena e específica do antíxeno. En consecuencia, unha resposta inmune efectiva implica a miúdo a produción de moitos anticorpos distintos por células B moi diferentes contra o mesmo antíxeno. De aí o termo "policlonal", que deriva das palabras gregas poly, que significa 'moitos', e klon, 'gromo', 'ramiña'. Un clon é un grupo de células que se orixinan a partir da división dunha célula "parental" común. Os anticorpos así producidos nunha resposta policlonal denomínanse anticorpos policlonais. Os anticorpos policlonais son heteroxéneos e distintos das moléculas de anticorpos monoclonais, as cales son idénticas e reaccionan contra un só epítopo, é dicir, son máis específicas.

Aínda que a resposta policlonal lle dá certas vantaxes ao sistema inmunitario, como ter unha maior probabilidade de reaccionar contra os patóxenos, tamén incrementa as posibilidades de desenvolver certas doenzas autoinmunes que resultan da reacción do sistema inmunitario contra moléculas nativas producidas polo propio hóspede.

Resposta humoral a unha infección

As doenzas que poden transmitirse dun organismo a outro denomínanse enfermidades infecciosas, e o axente biolóxico que as causa denomínase patóxeno. O proceso polo cal o patóxeno se introduce no corpo denomínase inoculación,O termo "inoculación" úsase maiormente no contexto dunha inmunización activa, é dicir, a introdución deliberada da substancia antixéncia no hóspede. Pero en moitas discusións de doenzas infecciosas, é relativamente frecuente usar este termo para implicar un evento espontáneo (é dicir, sen a intervención humana) que ten como resultado a introdución do organismo causante no corpo, como por beber auga contaminada con Salmonella typhi, o axente causante da febre tifoide. En tales casos o organismo causante denomínase inóculo, e o número de organismos introducidos "dose do inóculo". e o organismo ao que afecta denomínase hóspede. Cando o patóxeno se establece nunha etapa chamada colonización, pode ter como resultado unha infección, na que causa danos ao hóspede directamente ou por medio da produción de substancia daniñas chamadas toxinas. Isto orixina os diversos síntomas e signos característicos dunha doenza infecciosa como a pneumonía ou a difteria.

Contrarrestar as doenzas infecciosas é moi importante para a supervivencia do organismo e da especie. Isto conségueo o hóspede eliminando o patóxeno e as súas toxinas ou facéndoos non funcionais. O conxunto de células, tecidos e órganos que se especializan na protección do corpo contra as infeccións constitúen o sistema inmunitario. O sistema inmunitario realiza este labor por medio do contacto directo que establecen certos leucocitos co patóxeno invasor, que forman unha rama do sistema inmunitario chamada inmunidade mediada por células, ou producindo substancias que se moven polo corpo ata chegar a sitios afastados de onde se segregaron, "buscan" as células causantes da doenza e as toxinas uníndose especificamenteA especificidade implica que dous patóxenos diferentes serán vistos polo sistema inmunitario como dúas entidades distintas, e serán contrarrestados usando distintas moléculas de anticorpos solubles. a elas, e neutralizándoas no proceso chamado inmunidade humoral. Ditas substancias defensivas son os anticorpos solubles, que realizan as seguintes accións: Recobren o patóxeno, impedíndolle adherirse á célula hóspede e imposibilitando así a colonización. Fan que precipiten (que se agreguen e "afundan" deixando de circular ao unírense a eles) os antíxenos solubles, e promoven a súa retirada dos tecidos e sangue por outras células do sistema inmune. Recobren o microorganismo, o que atrae células que fagocitan o patóxeno. Este recubrimento chámase opsonización. Deste modo, o anticorpo actúa como unha opsonina. Activan o sistema do complemento, que causa perforacións na envoltura externa do patóxeno (a súa membrana plasmática), o que o mata. Marcan células do hóspede infectadas por virus para que sexan destruídas nun proceso chamado citotoxicidade celular dependente de anticorpos.

Resposta das células B

miniatura|300px|Diagrama esquemático que explica os mecanismos da selección clonal das células B Os anticorpos realizan varias funcións na protección do hóspede contra o patóxeno. As súas formas solubles (anticorpos) que levan a cabo estas funcións son producidas polas células B plasmáticas, un tipo de linfocito B. Esta produción está estreitamente regulada e require a activación de células B polas células T activadas (outro tipo de leucocito), o cal é un procedemento secuencial. Os principais pasos implicados son: Recoñecemento específico ou non específico do patóxeno (por medio dos seus antíxenos) coa subseguinte fagocitación do antíxeno por células B ou por macrófagos. Isto activa a célula B só parcialmente. Procesamento do antíxeno. Presentación do antíxeno. Activación das células T colaboradoras (axudante ou auxiliar) polas células presentadoras do antíxeno. Coestimulación da célula B pola célula T activada, o que ten como resultado a súa completa activación. ProliferaciónProliferación neste contexto significa multiplicación por mitose e diferenciación. das células B coa produción resultante de anticorpos solubles. miniatura|300px|Fases da produción de anticorpos polas células B: 1. Recoñécese o antíxeno e é fagocitado pola célula B. 2. O antíxeno é procesado. 3. O antíxeno procesado é presentado sobre a superficie da célula B. 4. As células B e T actívanse mutuamente. 5. As células B diferéncianse en células plasmáticas para producir anticorpos solubles.

Recoñecemento de patóxenos

Os patóxenos sintetizan proteínas que poden servir como antíxenos recoñecibles; poden expresar esas moléculas na súa superficie ou liberalas nos seus arredores (fluídos corporais). O que fai que estas substancias sexan recoñecibles é que se unen moi especificamente e con certa forza a certas proteínas do hóspede chamadas anticorpos. Os anticorpos poden estar ancorados á superficie das células do sistema inmunitario, e nese caso serven como receptores inmunitarios, ou poden ser segregados ao sangue (anticorpos solubles). A escala molecular, as proteínas son relativamente grandes, polo que non poden ser recoñecidas no seu conxunto total; ao contrario, teñen segmentos máis pequenos chamados epítopos, que son os que serán recoñecidos. Un epítopo ponse en contacto cunha pequena rexión (de 15 a 22 aminoácidos) da molécula de anticorpo; esta rexión coñécese como parátopo. No sistema inmunitario, os anticorpos unidos a membrana son o receptor de células B (BCR). Ademais, aínda que o receptor de células T (TCR) non se clasifica bioquimicamente como anticorpo, realiza unha función similar na que se une especificamente a epítopos acomplexados con moléculas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC).O complexo maior de histocompatibilidade é unha rexión xénica no ADN que codifica a síntese de moléculas do complexo maior de histocompatibilidade de clase I e de clase II e outras proteínas implicadas no funcionamento do sistema do complemento (MHC de clase III). Os primeiros dous produtos son importantes na presentación de antíxenos. A compatibilidade do MHC é algo esencial para realizar transplantes de órganos, e nos humanos tamén se chama antíxeno leucocitario humano (HLA). A unión entre un parátopo e o seu antíxeno correspondente é moi específica, debido á súa estrutura, e é establecida por medio de varios enlaces non covalentes, de xeito non moi diferente ao apareamento doutros tipos de ligandos (calquera átomo, ión ou molécula que se une a un receptor con polo menos algún grao de especificidade e forza). A especificidade da unión non se orixina por un tipo de interacción ríxido de chave e pechadura, senón que necesita que tanto o parátopo coma o epítopo experimenten lixeiros cambios conformacionais cando están un en presenza do outro.

Recoñecemento específico do epítopo polas células B

miniatura|300px|esquerda|Recoñecemento de epítopos conformacionais polas células B. Os segmentos moi separados na estrutura primaria póñense en contacto na estrutura terciaria tridimensional e pasan a formar parte do mesmo epítopo.

Na figura da esquerda, os diversos segmentos que forman o epítopo son colineares de forma continua, é dicir, son secuenciais; porén, para o que interesa no recoñecemento de antíxenos polas células B, esta explicación é moi simplista. Tales epítopos coñécense como secuenciais ou lineares, xa que todos os aminoácidos que os forman están na mesma secuencia (liña). Este modo de recoñecemento é posible só cando o péptido é pequeno (duns seis a oito aminoácidos de longo), e é empregado polas células T.

Porén, as células B de memoria/virxes recoñecen as proteínas intactas presentes na superficie dco patóxeno.Aquí, intactas significa que se recoñece a proteína non dixerida e non que o parátopo do receptor da célula B se poña en contacto á vez coa estrutura completa da proteína; o parátopo permanecerá en contacto só cunha porción restrinxida do antíxeno exposto na súa superficie. Nesta situación, a proteína na súa estrutura terciaria está tan pregada que algúns bucles da secuencia de aminoácidos quedan situados no interior da proteína, e os segmentos que os flanquean poden quedar na superficie. O parátopo no receptor de células B ponse en contacto só con aqueles aminoácidos que están situados na superficie da proteína. Os aminoácidos da superficie poden en realidade non estar en secuencia continua na estrutura primaria da proteína, pero quedan xuntos despois do pregamento da proteína (como se ve na figura adxunta). Tales epítopos coñécense como epítopos conformacionais e tenden a ser máis longos (de 15 a 22 residuos de aminoácidos) que os epítopos lineares. Igualmente, os anticorpos producidos polas células plasmáticas que pertencen ao mesmo clon uniranse aos mesmos epítopos conformacionais das proteínas do patóxeno.

A unión dun antíxeno específico coas correspondentes moléculas BCR ten como resultado o incremento da produción de moléculas MHC-II. Isto ten importancia, xa que non ocorre igual cando o mesmo antíxeno é internalizado por un proceso relativamente non específico chamado pinocitose, no cal o antíxeno xunto co fluído que o rodea é absorbido formando unha pequena vesícula pola célula B. Por tanto, ese antíxeno denomínase antíxeno non específico e non conduce á activación da célula B, nin á produción de anticorpos contra el.

Recoñecemento non específico polos macrófagos