Big Thief é unha banda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York. Os seus membros son Adrianne Lenker (guitarra, voces), Buck Meek (guitarra), Max Oleartchik (baixo) e James Krivchenia (batería).

O primeiro álbum do grupo, Masterpiece, foi publicado a través do selo Saddle Creek Records o 27 de maio de 2016. O 4 de abril de 2017 Big Thief estreou un novo sinxelo, "Mythological Beauty", a través de NPR. O día seguinte a banda publicou o vídeo oficial da canción e confirmou que o tema aparecería no seu seguinte traballo, Capacity. O álbum foi editado o 9 de xuño a través de Saddle Creek.

En 2019 Big Thief publicou dous álbums e varios sinxelos. Antes de lanzar o seu terceiro traballo, U.F.O.F., a banda editou tres sinxelos, ''U.F.O.F", "Cattails", e "Century." O álbum apareceu o día 3 de maio. O seu cuarto disco, Two Hands, publicouse o 11 de outubro. Este lanzamento foi precedido polos sinxelos "Not" e "Forgotten Eyes". Os dous álbums foron incluídos na lista dos mellores discos de rock de 2019 da publicación online Pitchfork Media.

O quinto álbum de estudio da banda, o disco dobre Dragon New Warm Mountain I Believe in You, foi lanzado en febreiro de 2022. O traballo alcanzou o top dez nos Países Baixos e tamén foi nomeado a Mellor Álbum de Música Alternativa nos Grammy de 2023, mentres que o seu segundo sinxelo, "Certainty", foi nomeado a Mellor Interpretación Musical Alternativa. Despois de nove anos na banda, o baixista fundador Max Oleartchik marchou en xuño de 2024, e a banda alegou "razóns interpersoais" para a marcha.

En setembro de 2025, a banda lanzou o seu primeiro álbum como trío, Double Infinity, que foi gravado coa participación de varios músicos de sesión. Tras o lanzamento do álbum, a banda incorporou a Joshua Crumbly á súa formación en directo.

Discografía Álbum Ano Selo Masterpiece 2016 Saddle Creek Records Capacity 2017 Saddle Creek Records U.F.O.F. 2019 4AD Two Hands 2019 4AD Dragon New Warm Mountain I Believe in You 2022 4AD Double Infinity 2025 4AD

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Notas

Categoría:Grupos musicais de Brooklyn Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2015