200px|miniatura|Mapas comparativos das comarcas catalás en función do voto nas eleccións de 2017.

Tabarnia é un concepto satíricoTabarnia, región ficticia con ansias de secesión de la Cataluña independentista, en France 24, 26 de decembro de 2017 . inventadoTabarnia no existe, artigo en La Vanguardia o 7 de febreiro de 2018 . en 2015 pola entidade Barcelona is not Catalonia —organización contraria á independencia de Cataluña- que propón a creación dunha autonomía que estaría conformada por unha parte das provincias de Barcelona e Tarragona.

Características A partir dos datos das eleccións catalás celebradas en decembro de 2017, nesta rexión ficticia o independentismo catalán superaría o 50 % dos votos en Moianès [77,29%], o Alt Penedès [61,98%], o Alt Camp [61,57%], o Bages [61,28%], a Selva [56,28%], o Maresme [53,78] e a Anoia [51,61%] e superaría en votos (sen acadar o 50% do total) fronte aos partidos unionistas no Baix Camp [48,2%], o Vallès Oriental [47,51%] e na cidade de Barcelona [45,78%]. Por outra banda, os partidos do bloque unionista superarían o 50 % de votos no Tarragonès [55,21%] (incluída Tarragona capital), o Baix Penedès [51,81%] e o Baix Llobregat [55,17%].Catalunya - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017 .

A proposta para a creación dunha nova autonomía estaría baseada no artigo 143 da Constitución española de 1978.

Redes sociais Aínda que o movemento non era novo, o día 27 de decembro de 2017 volveuse activar e converteuse en trending topic en Twitter grazas a unha recollida de sinaturas que comezou no sitio web Change.org, onde superou as 232 000. O obxectivo dos promotores é a celebración dun referendo en 2019 para a creación da nova autonomía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gerrymandering

Categoría:Independentismo catalán Categoría:Lugares ficticios Categoría:Extrema dereita en Cataluña