Ricardo Sánchez Rivas, nado en Olas (Mesía) cara a 1905, foi un político e escritor galego.
Traxectoria Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935.El Ideal Gallego, 5-5-1935, p. 2. Oficial do concello de Mesía, foi cesado e despois reposto no cargo en xuño de 1936.El Correo Gallego, 13-6-1936, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República de Mesía. Foi requirido en agosto polo novo alcalde, Manuel Pardo, para que devolvese documentación do Concello.BOP A Coruña, 15-8-1936, p. 2. Foi detido e estivo preso no cárcere de Ordes.
Logrou embarcar na Coruña para Buenos Aires no vapor Monte Olivia o 22 de setembro de 1936.El mundo del mañana, p. 34. O xulgado de Ordes reclamouno en novembro de 1936.BOP A Coruña, 25-11-1936, p. 2. Foi xulgado na Coruña por rebelión na causa 380/37. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abriulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.BOP A Coruña, 5-4-1938, p. 2. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenouno en rebeldía a cinco anos de inhabilitación e 250 pesetas de multa en outubro de 1940.BOE, 16-12-1940, p. 5717. Relatou a súa experiencia no libro El mundo del mañana (1963).
Exiliado na Arxentina, foi directivo da Sociedad Unión del Partido Judicial de Órdenes e formou parte do comité de redacción de Galicia en 1943; tamén foi secretario de Unión Gallega. Militou no gremio de gastronómicos e foi expulsado da CGT en 1950 por antiperonista. En 1950 fundou e dirixiu a revista La Antorcha. En 1953 encabezou un movemento de anticomunistas que levou á división da Sociedad Unión del Partido Judicial de Órdenes. Obras El mundo del mañana. Buenos Aires, 1963.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Mesía Categoría:Nados en 1905 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes