Jeffrey Neal "Jeff" Pezzati, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1960, é un cantante estadounidense, vocalista da banda de punk rock de Chicago Naked Raygun.

Traxectoria

Dende 1983 ata 1985 foi o baixista de Big Black. No ano 1980 Jeff Pezzati era membro dunha banda de versións, Condor, cando os seus fundadores, Santiago Durango e o seu irmán Marco Pezzati, lle pediron facer unha audición para Naked Raygun (entón coñecida como Negro Commando) Jeff converteríase en membro do grupo e a día de hoxe e o compoñente que máis tempo leva nel. No presente tamén é membro da banda The Bomb que fundou en 1999. Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Vocalistas