José César Álvarez del Caño, nado en Castrelo de Miño en 1958Diccionario enciclopédico galego universal.Enciclopedia Galega Universal.Dicionario biográfico de Galicia., é un músico, cantor, compositor e director coral galego, máis coñecido como César del Caño.
Traxectoria Os seus comezos musicais están ligados á cidade de Ourense, na que cursou os estudos universitarios e onde deu os primeiros concertos, tanto en festivais locais como en emisoras de radio e clubs nocturnos da capital.
A principios dos anos oitenta trasladouse a Barcelona, onde realizou os seus estudos musicais e de canto, fixando naquela cidade a súa residencia.
É autor e arranxador de numerosas obras musicais, así como compositor doutras sobre textos de poetas diversos ou mesmo sobre cantigas medievais, moitas das cales foron publicadas en respectivas edicións gráficas e discográficas.
Como intérprete móvese en diversos xéneros e modalidades, que van dende a música alternativa e a canción de autor ata o folk ou a líricaLes cançons gallegues dels grans compossitors. Concerto lírico no Paraninfo da UB..
Paralelamente levou a termo unha importanteMOVEA (Movimento Português de intervenção Artística e Educação pela Arte). "[...] uma nova geração de maestros a quem devemos a renovação do movimento coral". (Domingos Morais , etnomusicólogo, Universidade Nova de Lisboa). actividadeA editorial DINSIC publica en libro a música que César del Caño escribiu para un poema de Tomàs Garcés, nova en Vieiros, 29/05/2006 dentro do ámbito da música coral, como compositor de obras polifónicas e mais como fundador e director de diversas entidades, entre as que cabe salientar o Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB. 1992-2001), Galeuzcamerata (2006-2016) e Don de Son (2016-actualidade), todas elas no seo da Universidade de Barcelona, co apoio institucional do Vicerectorat d'arts, cultura i patrimoni da propia UB. Nesta vertente é de destacar tamén a fundación da Coordinadora Coral Galega de CatalunyaTerceira Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, nova en Vieiros, 25/03/1999..
Discografía Expreso Estrella. Disco compacto (Sons Galiza, 1994) As 5 cantigas de Xoán de Requeixo. Disco compactoCD complementario ó libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo. Ed. Asociación Xohán de Requeixo (Chantada)/Ajuntament de Sant Andreu de la Barca (Barcelona, 2003), (Asociación Xohán de Requeixo, 2003) Neno orfo con cabalos ao fondo. CanciónCanción no LP colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Ed.: Sons Galiza (Lugo, 1990). (Sons Galiza, 1990)
Colaboracións Porgaleuzca. Disco compacto/LibroDisco compacto gravado polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB). Colaboración como compositor/versionador de tódolos temas musicais gravados e como director do CUGAB. Disco acompañado dun libro que inclúe as partituras das obras interpretadas e outros datos. Noticia e recensión pormenorizada da publicación do CD. (Master Records, 1996). I - Homenaxe a Voces CeibesSete versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións do colectivo de cantautores universitarios Voces Ceibes: Xerardo Moscoso, Bibiano Morón, Benedicto García Villar, Guillermo Rojo, Xavier del Valle, Vicente Araguas e Miro Casabella. II - Homenaxe ós coetáneos de Euskadi, Cataluña e PortugalTres versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións de Mikel Laboa (Ez Dok Amairu), Lluís Llach (Els Setze Jutges) e Zeca Afonso (Portugal) III - Seoane e as andoriñas ("Obertura", "Ramón Cernadas Senlleiro" e "Ramón Rodríguez Iglesias")Obras musicais de César del Caño que constitúen, entre outras, a banda sonora da rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas, sobre textos de Luís Seoane, con libreto de Camilo Valdehorras, estreada na Universidade de Barcelona en maio de 1994 polo CUGAB e maila Aula Universitaria Galega de Teatro (AUGATEBA), e incluída posteriormente (1996) no CD Porgaleuzca. Marcha espontánea nº 1 e Marcha espontánea nº 3. Obras orquestrais, en O Campo da FonteObras musicais de C. del Caño pra diversos instrumentos, compostas por encargo da Asociación Cova da Serpe de Barcelona, pra o seu LP O Campo da Fonte, interpretadas conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei. Ed.: Edigal, Santiago de Compostela, 1991. EDL-70.030, DL C 31-91 (Edigal, 1991). Alalá. Texto e música tradicional. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Marta Cabrero. CD Froita madura do Coro Lonxe da Terra de Barcelona. Soneto de la carta. Texto: Federico García Lorca. Música: Amancio Prada. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Ángel Safont. CD León, por ti, da Coral Virgen del Camino de Barcelona.
Reedicións Marcha espontánea nº 1. Obra orquestral, en FolkódromoObra musical de C. del Caño pra diversos instrumentos, composta inicialmente por encargo da Asociación Cova da Serpe (Barcelona, 1991), pra seu o LP O Campo da Fonte, interpretada conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei. Reeditada en 2001 no CD colectivo Folkódromo. Ed.: Clave Records, Santiago de Compostela - 4053-CD / DL C 535-2001 (Clave Records, 2001).
Outras edicións A Far'un día irei. Música: C. del Caño. Texto: Xohán de Requeixo. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura. Sediam'eu na ermida de San Simón. Música: C. del Caño. Texto: Meendinho. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura. Canto de Vilaver. Texto e música tradicional de Cervantes (Lugo). Arranxo coral: C. del Caño. Intérpretes: Miriam González e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura. Soñando Santiago. Texto galego: C. del Caño, sobre a canción Goodnight sweetheart. Música: James Hudson / Robert Sund. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura. Brincando no ar. Texto e música: C. del Caño. Intérpretes: Elvira Domínguez e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura. Saudade. Texto e Música: C. del Caño. Intérpretes: Coro Saudade. Casete E agora… voa!
Partituras publicadas El Rossinyol. (Partitura para coro e solistas) (2006).Partitura coral (SATB + Solistas) sobre un poema de Tomàs Garcés, publicada no libro Mollet a capella. Ed. DINSIC (Barcelona). 2006. ISMN M-69210-435-3 Fui eu, madr', en romaria. (Partitura monódica) (2003).Partitura monódica sobre un poema do trobador Xohán de Requeixo (S. XIII), publicada no libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo conxuntamente co CD As 5 cantigas de Xohán de Requeixo. Ed. Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo. Barcelona, 2003. DL B 51658-2003. A Far'un día irei. (Partitura monódica) (2003). Pois vós, filha, queredes mui gram ben. (Partitura monódica) (2003). Atender quer'eu mandado. (Partitura monódica)(2003). Amiga, quen oj' ouvesse. (Partitura monódica) (2003). Brincando no ar. (Partitura para coro e solistas) (1999).Partitura coral (SATB + Solistas) en Revista Ciutat. Ed. Amics de les Arts i Joventuts Musicals (Terrassa, Barcelona, 1999). Samba prá mocedade. (Partitura coral) (1996).Obra coral (S2ATB) a partir dunha canción de Bibiano Morón sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. Enterro do neno probe. (Partitura para coro e solista) (1996).Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Benedicto García Villar sobre un poema de Luís Pimentel ¡Quen tivera vinte anos! (Partitura para coro e solista) (1996).Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Guillermo Rojo. María Soliña. (Partitura para coro e solistas) (1996).Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Xavier del Valle sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. O umbral. (Partitura para coro, solista e piano) (1996).Obra coral (SA + Solistas + piano) a partir dunha canción de Xerardo Moscoso. O camaleón. (Partitura coral) (1996).Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Vicente Araguas. Ti, Galiza. (Partitura coral) (1996).Obra coral (SATB + Percusión) a partir dunha canción de José Mário Branco e Luis Pedro Faro sobre un poema de Miro Casabella e Xavier Costa Clavell Txoria txori. (Partitura para coro e solista) (1996).Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Mikel Laboa sobre un poema de José Antonio Arze. Vinyes verdes vora el mar. (Partitura para coro e piano) (1996).Obra coral (SMzA + Piano) a partir dunha canción de Lluís Llach sobre un poema de Josep Maria de Sagarra. Canto moço. (Partitura coral) (1996).Obra coral (SATB) a partir dunha canción de Zeca Afonso. Seoane e as andoriñas: Obertura. (Partitura coral) (1996).Obra coral (SATB) feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas. Ramón Cernadas Senlleiro. (Partitura para coro e solista) (1996).Obra coral (SATB + Solista), sobre un poema de Luis Seoane, feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas.
Premios 1º premio no VII Certame Literario San Xurxo. Barcelona, 2004 1º premio no V Certame de Narrativa Castelao. Barcelona, 2004
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Coro Universitario Galego de Barcelona Víctor Álvarez del Caño Ligazóns externas Instituto de Estudos Medievais da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa Referencia na páxina da editorial discográfica Sons Galiza DINSIC, Publicacions musicals "Un disco con música de César del Caño acompaña as vellas cantigas" La Voz de Galicia, 3/1/2004. César del Caño "Farinelli no contexto da caída do Barroco" Galicia Espallada A música do País Do Faro na Idade Media. Recesión sobre o CD As 5 Cantigas de Xoán de Requeixo. musicadopaisdofaro.wordpress.com 12/05/2015. "A editorial DINSIC publica en libro a música que César del Caño escribiu para un poema de Tomàs Garcés" Vieiros, 29/5/2006.
Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1958 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña