Nacida onte (en ) é unha comedia romántica estadounidense de 1950, dirixida por George Cukor. Está protagonizado por Judy Holliday, William Holden, Broderick Crawford e Howard St. John nos papeis principais. O guión baséase nunha obra teatral de Garson Kanin.

En 2012 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 31 de agosto de 1996.La Voz de Galicia, 31 de agosto de 1996. Páx. 71

Argumento Harry Brock (Broderick Crawford), un rudo millonario, viaxa a Washington, D.C. xunto coa súa amante Emma Billie Dawn (Judy Holliday) e o seu corrupto avogado Jim Devery (Howard St. John). O obxecto da viaxe é influír sobre un par de políticos. O avogado tamén está interesado en que o seu empregador e a súa parella casen para desta maneira impedir que ela poida testemuñar en contra do seu home.

Harry non está conforme coas maneiras e a falta educación de Billie, a pesar de que el mesmo o fai peor, e decide contratar o xornalista Paul Verrall (William Holden) para que se encargue de educala. Billie aprende rapidamente as novas ensinanzas e comeza a mostrar a súa intelixencia. O xornalista fascínase con ela e ambos comezan a namorarse.

Sen decatarse do que está a pasar, o avogado convence a Harry para traspasar os seus fondos a Billie, co fin de eludir unha fiscalización gobernamental. Chegado o momento, Harry require os seus cartos de volta, mais ten que enfrontarse a unha independizada Billie e ambos entran en conflito.

Elenco Judy Holliday como Emma Dawn ('Billie') Broderick Crawford como Harry Brock William Holden como Paul Verrall Howard St. John como Jim Devery Frank Otto como Eddie Larry Oliver como o congresista Norval Hedges Barbara Brown como Sra. Hedges Grandon Rhodes como Sanborn Claire Carleton como Helen

Premios O filme foi candidato a cinco premios Oscar na 23.ª edición dos premios, e Judy Holliday gañou na categoría de mellor actriz. As outras candidaturas foron as de mellor filme, director, guión adaptado e vestiario en branco e negro.

Holliday tamén gañou o Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical e foi candidata como actriz dramática. O filme foi candidato ao mellor filme e director. Ademais, o filme participou no Festival Internacional de Cine de Venecia.

Remake A obra de Garson Kanin tamén serviu de base para o filme de 1993 Born Yesterday, dirixido por Luis Mandoki e protagonizado por Melanie Griffith, Don Johnson e John Goodman.

Notas

Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George Cukor Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre política Categoría:Filmes sobre educación Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1950 con versión en galego