Catherine Elizabeth "Caitlin" Moran, nada o 5 de abril de 1975 en Brighton, é unha xornalista, locutora e escritora inglesa. Tamén colabora como columnista no xornal The Times, no que escribe tres columnas á semana.

Traxectoria En 2011 publicou no Reino Unido o seu libro Como ser muller (traducido ao galego en 2017 por Rinoceronte Editora), título que supuxo o seu maior éxito como escritora, xa que en xullo de 2012 vendera máis de 400 000 copias en 16 países e máis dun millón en 2014.

Premios e distincións 2015 Glamour Awards, columnista do ano. 2013 Comment Awards, comentarista cultural do ano. 2012 London Press Club, columnista do ano. 2012 Glamour Awards, escritora do ano. 2011 Galaxy National Book Awards, libro do ano por Como ser muller. 2011 Galaxy National Book Awards, libro de non ficción do ano, Como ser muller. 2011 British Press Awards, entrevistadora do ano. 2011 British Press Awards, crítica do ano. 2011 Irish Book Award, na categoría de escolla dos oíntes, Como ser muller. 2011 Cosmopolitan, escritora do ano. 2010 British Press Awards, columnista do ano.

Obra

Tradución ao galego feita por Moisés Rodríguez Barcia.

Tradución ao galego feita por Estela Villar Nogueira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Caitlin Moran

Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Brighton Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa