Pauls Jonass nado en Aizpute o 13 de xaneiro de 1997, é un piloto de motocrós letón. Foi campión mundial en MX2 en 2017. Corre en categoría MXGP co equipo Husqvarna.

Traxectoria Despois de gañar varios campionatos nacionais en 65cc, en 2011 Jonass gañou o título de Campión do Mundo Júnior na categoría de 85cc cunha KTM. En 2012 pasou á categoría de 125cc e rematou quinto no Campionato de Europa e terceiro no Campionato do Mundo Júnior. En 2013 dominou o campionato europeo de 125cc e participou nunha carreira do Campionato Europeo de MX250, onde obtivo o cuarto posto.

En 2014 participou no Campionato Mundial de Motocrós MX2, no que só disputou algunhas carreiras. Rematou no posto 24 no campionato. En 2015, Jonass uniuse ao equipo da fábrica de KTM, xunto con Jeffrey Herlings baixo a dirección de Stefan Everts. Na súa primeira tempada completa, Jonass subiu ao podio seis veces e converteuse en subcampión do mundo. Na tempada 2016 acabou no quinto posto.

En 2017 obtivo as súas primeiras vitorias nun GP, gañando seis dos dezanove Grandes Premios. Terminou a tempada conseguindo o título de campión do mundo, converténdose así no primeiro piloto letón en converterse en campión mundial de motocross. En 2018 quedou subcampión do mundo, por detrás de Jorge Prado.

Para a tempada 2019 do Mundial deu o salto a MXGP co equipo oficial de Husqvarna, de Kimi Räikkönen.

Postos no Mundial de Motocrós

2014: 24º en categoría MX2 2015: 2º en categoría MX2 2016: 5º en categoría MX2 2017: 1º en categoría MX2 2018: 2º en categoría MX2

GP gañados No. Data Grand Prix Circuíto MX2-clase 1 25-02-2017 Circuíto de Losail 2 19-03-2017 Neuquén 3 23-04-2017 Valkenswaard 4 28-05-2017 Ernée 5 11-06-2017 Orliónok 6 23-07-2017 Loket704-03-2018Neuquén818-03-2018Valkenswaard925-03-2018Vilafamés1001-05-2018Orliónok1103-06-2018Winchester

Notas

Categoría:Nados en Letonia Categoría:Nados en 1997 Categoría:Pilotos de motocrós de Letonia