A batalla de Cynwit ou batalla de Cynuit, foi un conflito bélico que tivo lugar no ano 878 na fortaleza que o cronista Asser chamou Cynwit, que hoxe posibelmente corresponde a Cannington Hill, preto de Cannington, Bridgwater en Somerset, Inglaterra, pero non se descarta que fose noutra localizaciónSiraut, Baggs (1992) A History of the County of Somerset, Vol. 6: Andersfield, Cannington, and North Petherton Hundreds (Bridgwater and neighbouring parishes), pp. 73-76.
Unha partida de viquingos comandados por Ubbe Ragnarsson, e os seus irmáns Ivar o Desosado e Halfdan, desembarcaron na costa de Combwich cunha frota de 23 naves e 1200 homes. Un grupo de thanes e os seus soldados descubríronos, nun primeiro e cruento encontro caeu Halfdan e un continxente de viquingos:Tras a refrega, os anglosaxóns refuxiáronse nunha fortaleza, chamada «Cynwit», que era bastante segura a excepción do flanco este que carecía dunha adecuada defensa. Ubbe e os seus viquingos cercaron a fortaleza esperando unha rápida rendición dos saxóns a falta de auga potábel, pero inesperadamente, en lugar de esperar a morte sedentos nun outeiro, atacaron á noitiña tomando aos daneses por sorpresa e logrando unha gran vitoria.
Consecuencias Mentres que a Crónica anglosaxoa trata superficialmente o seu desenvolvemento, a batalla de Cynwit foi importante por dúas razóns.
A primeira, porque foi unha vitoria importante para os saxóns, xa que o triunfo veu da man de alguén máis que o irredutíbel Alfredo o Grande, rei de Wessex, que practicamente encabezaba a resistencia en solitario fronte ás hordas invasoras. A crónica, na súa entrada do ano 878, afirma que «todos a excepción do rei Alfredo» foran subxugados polos viquingos. A batalla incita a pensar que pese ao liderado de Alfredo e o seu esforzo por unir aos pobos ingleses contra os viquingos, algúns nobres aínda dominaban sectores de Wessex pola súa conta.
A segunda, na batalla, Odda e as forzas inglesas non só lograron matar a Ubbe, senón que tamén capturaron o estandarte do corvo que os viquingos chamaban Hrefn ('Cuervo'):De novo, mentres a crónica só trata a batalla superficialmente, é digna de atención a captura do estandarte, que non se menciona en ningunha outra batalla onde os saxóns vencesen. É destacábel que o estandarte tiña un significado especial, xa que dos tres irmáns Halfdan, Ivar e Ubbe, o último era bastante supersticioso e adoitaba consultar a feiticeiros pagáns para dilucidar o resultado dos seus actos no campo de batalla. Por tanto, sendo o estandarte de Ubbe, tiña un valor ritual moi específico entre os daneses, tan importante como o «anel sacro» que usaron para pactar a paz con Alfredo tras a batalla de Edington uns meses máis tarde.
Cultura popular A batalla aparece na novela The Marsh King, unha novela histórica de aventuras de Cyril Walter Hodges, onde a batalla se desenvolve en «Kynwit». A novela céntrase na figura do rei Alfredo, pero dá crédito ao conde Odda e a súa vitoria a pesar de que o desenvolvemento da contenda se afasta das crónicas, desembarcando os viquingos pola noite e sendo vencidos inmediatamente nada máis pisar terra.
A batalla tamén aparece na novela The last kingdom de Bernard Cornwell. Cornwell corrobora a vitoria, así como a morte de Ubbe, pero en mans do heroe de ficción UhtredCornwell, Bernard (2005) The Last Kingdom, London, Harper Collins.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:878 Categoría:Somerset Categoría:Batallas do século IX Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Batallas dos viquingos