Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Deu clases a adultos no cárcere da Parda e desde o seu peche no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela do Centro penitenciario da Lama"La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", artigo en La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 ., da que foi director"Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 . até a súa xubilación. Xogou na SD Teucro entre 1978 e 1984.Rascado, T. (1995): Sociedad Deportiva Teucro. Cincuenta años de historia. Deputación de Pontevedra. ISBN 9788488363591
Como debuxante ten formación autodidacta, en base a gravados de grandes pintores. Comezou debuxando a lapis e carboncillo, e a súa técnica derivou ao gouache, tinta chinesa e acrílico. Ten un estilo realista, e os seus cadros adoitan recrear paisaxes urbanas e naturezas mortas“Farrapos”: Exposição de Pintura a Guache e Tinta da China , na web da Cámara Municipal de Vila do Conde, 5 de maio de 2017 ., recreándose nos pequenos detalles"Exposición pictórica de Juan C. Vilar" , crítica de Ramón Rozas no boletín dixital do Casino de Pontevedra, novembro de 2015.
Comezou expoñendo de forma colectiva en 1974 no Liceo de Vilagarcía de Arousa. En 1982 fixo a súa primeira exposición individual na Sala Albatros de Pontevedra, e en 1995 expuxo no Teatro Principal da mesma vila. En 1986 foi seleccionado no certame Novos Valores do Museo de Pontevedra.
Ilustrou o libro de Pepy G. Clavijo Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996), así como a súa reedición Las calles de Pontevedra (2008).
Premios 1º Premio I Sala de Pintura Joven de Galicia (Vilagarcía de Arousa, 1974) 2º Premio no Concurso de Ilustración da ACUP (Palencia, 1992) 1º Premio no Certame de Artes Plásticas do Casino Mercantil e Industrial (Pontevedra, 1994) Mención de Honra no III Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1996) Mención de Honra no IV Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1997) Seleccionado no Premio Nacional de Debuxo Antonio del Rincón (Deputación de Guadalajara, 1994 e 1996) Seleccionado no XXVII Concurso Internacional de Pintura, Escultura e Debuxo (Quesada, 1997) 2º Premio no Concurso de Pintura Alfonso Iglesias (Bueu, 2000)"Premios y ovnis", artigo en La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2001 . Finalista no Premio de Debuxo Provincia de Guadalajara (2007) Seleccionado no XI Certame de Arte José Lapayese Bruna (Comarca del Jiloca, 2009) Seleccionado no IL Concurso Internacional de Debuxo da Fundación Ynglada-Guillot (Barcelona, 2011) 1º Premio no XVIII Certame Nacional de Debuxo Felipe Orlando (Benalmádena, 2017) 1º Mención de Honra no XVII Certame de Acuarela Ciudad de Benalmádena (2017) 2º Premio II Concurso Nacional de Pintura e Debujo Una mirada crítica y científica a la educación de las niñas (Universidade de Sevilla, 2017)"Fallado el II Concurso Nacional de Pintura y Dibujo: ‘Una mirada crítica y científica a la educación de la niñas’" , artigo en Canal Ciencia, 9 de novembro de 2017 .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Profesores Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia