Raquel Vázquez Díaz, nada en Lugo no ano 1990, é unha escritora e poeta galega que escribe en lingua castelá.

Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, graduada en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña​ e Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato. En 2019 traballaba na Coruña como informática.

Algúns dos seus poemas foron publicados en revistas literarias como Quimera​, Estación Poesía​, Oculta​ e Cuaderno Ático​, entre outras, así como nas antoloxías Sin fronteras. Antología de poetas gallegos contemporáneos que escriben en español (Editorial Renacimiento, 2018; edición de Ana Eire)​ e Insumisas. Poesía crítica contemporánea de mujeres (Baile del Sol, 2019; edición de Alberto García-Teresa).

Publicou os libros de poesía Por el envés del tiempo (Premio Poeta Juan Calderón Matador; Vigo, Cardeñoso, 2011), Pinacoteca de los sueños rotos (Granada, Islavaria, 2012), Luna turbia (Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes; Madrid, Torremozas, 2013), Lied de lluvia para una piel ausente (Premio de Poesía Granajoven; Granada, Alhulia, 2014) e Si el neón no basta (Sevilla, La Isla de Siltolá, 2015). O seu poemario máis recente, El hilo del invierno (Madrid, Ediciones Hiperión, 2016), obtivo o premio "Nueva Valencia de Poesía Joven" da Institució Alfons el Magnànim.

Foi bolseira residente da Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores durante o curso 2014/15, traballando nun proxecto de carácter narrativo, novela que foi publicada en 2017 co título de Chomolangma (Sevilla, La Isla de Siltolá, 2017).

En narrativa publicou o libro de contos La ocarina del tiempo (A Coruña, Trifolium, 2016) e Paralelo 36 (Talentura, 2019)​.

Como aforista, está incluída na antoloxía de Manuel Neila Bajo el signo de Atenea. Diez aforistas de hoy (Editorial Renacimiento, 2017)​.

Obras

Poesía

Por el envés del tiempo (2011). Cardeñoso. Pinacoteca de los sueños rotos (2012). Islavaria. Luna turbia (2013). Torremozas. Lied de lluvia para una piel ausente (2014). Alhulia. Si el neón no basta (2015). La Isla de Siltolá. El hilo del invierno (2016). Hiperión. Lenguaje ensamblador (2019). Editorial Renacimiento. Aunque los mapas (2020). Visor de Poesía. 66 páxs.

Narrativa Paralelo 36 (2019). Talentura Libros. Chomolangma (2017). La Isla de Siltolá. La ocarina del tiempo (2016). Trifolium.

Premios

2011: Premio Poeta Juan Calderón Matador por Por el envés del tiempo. 2013: Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes por Luna turbia. 2014: Premio de Poesía Granajoven por Lied de lluvia para una piel ausente. 2016: Premio Nueva Valencia de la Institució Alfons el Magnànim por El hilo del invierno. 2019: Premio de Poesía Loewe a la Creación Joven —dotado con 8.000 euros— polo seu libro Aunque los mapas. 2019: Premio Mellor TFG: “Análise e estudo comparativo da aleatoriedade na disposición do espazo de direccións en Windows 10 e Ubuntu 18.04 LTS”. Entregado no 1º encontro de ciberseguridade organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. 2019: Orizzonte Atlántico: Premio Letterario Internazionale Indipendente, por Lenguaje ensamblador. 2021: Premio Ojo Crítico de Poesía.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Enxeñeiros informáticos