miniatura|290x290px|Exemplo de inmunorreceptor Un inmunorreceptor ou receptor inmunolóxico é un receptor, xeralmente situado na membrana plasmática, que se une a unha substancia (ligando), como por exemplo unha citocina ou un antíxeno, e causa unha resposta no sistema inmunitario.
Tipos Os principais receptores do sistema inmunitario son os receptores de recoñecemento de padrón (PRR), os receptores de tipo Toll (TLR), os receptores activadores de célula asasina (KAR), os receptores inhibidores de célula asasina (KIR), os receptores do complemento, os receptores de Fc, receptores de célula B (BCR) e os receptores de célula T (TCR).Lippincott's Illustrated Reviews: Immunology. Tapa branda: 384 páxinas. Editor: Lippincott Williams & Wilkins; (1 de xullo de 2007). . . Páxina 20
+Comparación Receptor Únese a Función Receptor de recoñecemento de padrón (PRR) (por exemplo, TLR, NLR) Padrón molecular asociado a patóxenos (PAMP) Median na produción de citocinas, o que produce inflamación e destrución do patóxeno Receptor activador de célula asasina e receptores inhibidores de célula asasina (KAR e KIR) Permiten que as células NK identifiquen células do hóspede anormais (os KAR) ou inhiben unha destrución indebida dunha célula do hóspede (os KIR) Receptor do complemento Proteína do complemento por exemplo, depositadas sobre microbios Permiten que as células fagocíticas e as células B recoñezan os microbios e inmunocomplexos. Receptores de Fc Complexos epítopo-anticorpo estimulan a fagocitose Receptor de célula B (BCR) epítopos Diferenciación das células B en células plasmáticas produtoras de anticorpos e proliferación Receptor de célula T (TCR) epítopos lineais unidos ao MHC Activan células TReceptor de citocinacitocinasregulación e coordinación de respostas inmunitarias
Notas
Véxase tamén Outros artigos Receptor (bioquímica) Receptor da superficie celular
Ligazóns externas
Categoría:Sistema inmunitario