Dorothy Park Benjamin Caruso, nada en Hastings-on-Hudson (Nova York) o 6 de agosto de 1893 e finada en Baltimore (Maryland) o 16 de decembro de 1955, foi unha escritora estadounidense, muller e biógrafa do tenor italiano Enrico Caruso.

Traxectoria miniatura|dereita|Festa de voda do matrimonio Caruso no tellado do Hotel Knickerbocker de Nova York, 20 de agosto de 1918. De esquerda a dereita, Bruno Zirato (asistente persoal de Caruso), Dorothy Caruso, Enrico Caruso e J. S. Keith.

Dorothy Park Benjamin foi filla do avogado Park Benjamin Jr. e de Ida Crane.

O 20 de agosto de 1918 casou con Enrico Caruso. En 1919 tiveron unha filla, Gloria Grazianna Victoria America Caruso Murray. Enrico Caruso morreu en 1921.

Dorothy Caruso casou co capitán Ernest Augustus Ingram (1892-1954) en Londres o 28 de novembro de 1923. Tiveron unha filla, Jacqueline Dorothy Ingram (1924-1994) e divorciáronse en novembro de 1925. En 1933 casou co doutor Charles Adam Holder (1872-1955).

En 1942, durante unha viaxe en barco aos Estados Unidos desde Francia coñeceu a Margaret Caroline Anderson, con quen comezou unha longa amizade. Viviron xuntos até a morte de Dorothy por mor dun cancro. Foi soterrada no cemiterio de Druid Ridge en Baltimore.

Obra Dorothy Park Benjamin Caruso escribiu dúas biografías do seu primeiro home. A segunda dela foi levada ao cine en 1951 co título de The Great Caruso, con Mario Lanza como protagonista

Wings Of Song: The Story Of Caruso (1928) Enrico Caruso: His Life and Death (1945) Dorothy Caruso: A Personal History (autobiografía, 1952)

Notas

Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa