O Castelo de Monforte de Lemos é un castelo situado no Monte de San Vicente, na cidade de Monforte de Lemos. As murallas, datadas entre os séculos XIII e XV, defendían a cidade. A muralla contaba cunha serie de torres defensivas e varias portas, das que tan só se conservan dúas, a Porta da Alcazaba ou da Pescadería (a máis antiga, datada no século XIII), e a Porta Nova (século XV). O castelo sufriu importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), logo da cal foi reconstruída.

A estrutura mellor conservada da fortaleza é a torre da homenaxe, unha estrutura de 30 m de altura, 13 m de lado, e muros de 3 m de grosor. Nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, nas que se unía ao señor co seu vasalo, o que convertía a esta edificación no lugar máis importante do castelo. Na actualidade a torre da homenaxe encóntrase restaurada tanto no seu exterior como no interior, que é un museo.

miniatura|A torre da homenaxe.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mosteiro de San Vicente do Pino Pazo dos Condes de Lemos Condado de Lemos

Ligazóns externas

Monforte de Lemos Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Revoltas irmandiñas