Manuel Varela González, nado en Vilarmaior e finado no mesmo concello o 11 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Secretario dunha confederación agraria. Foi elixido concelleiro de Vilarmaior en 1931.Concelleiros das corporacións republicanas Co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Regresou á casa para celebrar o aniversario da súa filla pequena e ao amencer gardas civís e falanxistas estabábano esperando fora da casa; Manuel intentou fuxir por unha fiestra, pero os falanxistas e gardas civís pegáronlle dous tiros diante da propia filla. Enterrárono nunha fosa común no cemiterio de Grandal (Vilarmaior).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El último viaje de los fusilados de Vilarmaior Memoria histórica sobre os fusilados.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilarmaior Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Concelleiros de Vilarmaior Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1936