Federico Trillo-Figueroa Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1920 e finado en Cartaxena o 12 de setembro de 2002, foi un político e militar galego, auditor do Corpo Xurídico da Armada, alcalde de Cartaxena e gobernador civil durante a ditadura franquista.
Traxectoria Combateu como alférez provisional durante a guerra civil. En 1960 foi nomeado alcalde de Cartaxena, cargo que ocupou até 1966. Durante a súa alcaldía inaugurou o busto de Asdrúbal o Belo. Posteriormente foi gobernador civil das provincias de Teruel, Cáceres, Burgos e ZaragozaClara, 2002, p. 462.. Doutor en dereito, chegou a ser ministro togado do Corpo Xurídico da Armada.
Faleceu no Hospital Naval Mediterráneo.
Vida persoal Casado con Eloísa Martínez-Conde y Muñoz, é pai do tamén político Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Cartaxena Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Militares de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes