Os micmac, tamén coñecidos como mi'kmaq ou mi'gmaq, son un pobo indíxena das provincias atlánticas do Canadá e da península de Gaspé do Quebec así como o nordeste de Maine. Eles chaman ó seu territorio tradicional Mi'kma'ki (ou Mi'gma'gi). A nación ten unha poboación de arredor de 20 000 persoas, dos cales 7 345 (censo de 2016) falan a lingua micmac, unha lingua da familia algonquina. Outrora escrita no sistema de xeróglifos micmac, no presente a lingua escríbese co alfabeto latino.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Pobos algonquinos Categoría:Pobos indíxenas do Canadá