Os serbios (en ; Srbi) son un grupo étnico eslavo que se formou nos Balcáns. A maioría de serbios habita na nación estado de Serbia (cunha minoría en Kosovo), así como en Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Croacia. Tamén forman minorías significativas en Macedonia do Norte e Eslovenia. Existe unha importante diáspora serbia en Europa Occidental, e fóra de Europa hai comunidades en América do Norte e Australia.

Os serbios comparten moitos trazos culturais co resto de pobos do sueste de Europa. Son maioritariamente de relixión cristiá ortodoxa. A lingua serbia é oficial en Serbia, cooficial en Kosovo e Bosnia e Herzegovina, e tamén é falada en Montenegro.

Notas

Categoría:Pobo serbio Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Serbia Categoría:Grupos étnicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Grupos étnicos de Hungría Categoría:Grupos étnicos de Montenegro Categoría:Grupos étnicos de Romanía Categoría:Grupos étnicos de Eslovenia Categoría:Grupos étnicos de Macedonia do Norte