Javier Fernández López, nado en Madrid o 15 de abril de 1991, é un patinador artístico sobre xeo, dúas veces campión do mundo (2015 e 2016), sete veces consecutivas campión de Europa (2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018), bronce olímpico no 2018, tres veces medallista da Final do Grand Prix (2014–15, 2015–16 e 2011–12), e oito veces campión nacional de España.

Foi o segundo patinador masculino en superar a barreira de 100 puntos no programa curto, a barreira dos 200 puntos no programa longo, e a barreira dos 300 puntos na puntuación total. A data de maio de 2017 posuía as segundas mellores puntuacións nos dous segmentos e a terceira máis alta na puntuación combinada.

Fernández representou a España nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, nos de 2014 como abandeirado e nos de 2018. Foi o primeiro patinador español en gañar unha medalla no Campionato ISU e nun evento do Grand Prix ISU.

Recibiu a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo do goberno español o 19 de abril de 2016.

Resultados GP: Grand Prix; CS: Challenger Series; JGP: Junior Grand Prix

Internacional Evento 2003–04 2004–05 2005–06 2006–07 2007–08 2008–09 2009–10 2010–11 2011–12 2012–13 2013–14 2014–15 2015–16 2016–17 2017–18 2018–19 2019–20 Xogos Olímpicos de Inverno 14th 4th 3rd Campionato do Mundo 35th 30th 19th 12th 10th 9th 3rd 3rd 1st 1st 4th WD Campionato de Europa 28th 17th 11th 8th 9th 6th 1st 1st 1st 1st 1st 1st 1st Final 3rd 4th 2nd 2nd 4th Copa da China 1st 6th France 11th 1st 1st NHK Trophy 4th 5th Rostelecom 9th 2nd 3rd 1st 1st 1st Skate Canada 5th 2nd 1st 2nd Autumn Classic 1st Cup of Nice 3rd 5th Finlandia Trophy 3rd Golden Spin 13th Merano Cup 1st Nebelhorn Trophy 4th NRW Trophy 3rd Internacional: Júnior Mundial Júnior 13th Estonia 9th Mexico 6th Paises Baixos 23rd España 4th Gran Bretaña 11th EYOF 4th Gardena Trophy 5th Internacional: Novato Merano Cup 3rd Triglav Trophy 4th Nacional Campionato de España 2nd J 1st J 1st J 1st J 1st 2nd 1st 1st 1st 1st 1st 1st 1st Eventos de equipo Japan Open 3rd T1st P 1st T2nd P 3rd T2nd P 2nd T2nd P 1st T1st P 2nd T3rd P 1st T5th P J. = Nivel Junior, TBD = Asignado, WD = RetiradoT = Resultado de equipo, P = Resultado Persoal; As medallas son concedidas solo polo resultado do equipo.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1991 Categoría:Patinadores artísticos olímpicos de España Categoría:Deportistas da Comunidade de Madrid Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística