Kenneth Lauren Burns, nado en Brooklyn o 29 de xullo de 1953 é un cineasta estadounidense coñecido polo seu estilo que consiste en empregar material de arquivo e fotografías en filmes documentais.
Os documentais de Burns recibiron dúas candidaturas aos premios Oscar e gañaron varios premios Emmy, entre outros galardóns.
Estilo Burns incorpora con frecuencia nas súas obras leitmotifs musicais ou melodías simples. Por exemplo, The Civil War inclúe unha melodía de violín, "Ashokan Farewell", interpretada para o filme polo seu compositor, Jay Ungar. Un crítico indicou: "Unha das máis rememorables cousas sobre The Civil War foi a súa persistente e repetida melodía ao violín, con notas finas e anhelosas que parecían resumir todo o pathos desta gran loita".
Burns tamén dá vida a fotografías fixas empregando zooms lentos sobre as partes do seu interese e facendo panorámicas dun asunto a outro. Por exemplo, nunha fotografía dun equipo de béisbol, pode moverse paseniño polas faces dos xogadores para acabar no xogador que é o tema do narrador. Esta técnica, posible en moitas programas informáticos denomínase "efecto Ken Burns" nas aplicacións iPhoto, iMovie e Final Cut Pro X de Apple. Nunha entrevista de 2009 afirmou que ao principio declinara ter o seu nome asociado co software polo seu rexeitamento ao seu uso comercial. Porén, Steve Jobs negociou cederlle equipos de Apple, que Burns doou a organizacións benéficas.
Ken Burns declarou a súa admiración e como o influíu o cineasta Errol Morris.
Filmografía Brooklyn Bridge (1981)Acreditado com 'Kenneth Lauren Burns'. The Shakers: Hands to Work, Hearts to God (1984) The Statue of Liberty (1985) Huey Long (1985) The Congress (1988) Thomas Hart Benton (1988) The Civil War (1990) Empire of the Air: The Men Who Made Radio (1991) Baseball (1994), actualizado con The Tenth Inning (2010) Thomas Jefferson (1997) Lewis & Clark: The Journey of the Corps of Discovery (1997) Frank Lloyd Wright, con Lynn Novick (1998) Not For Ourselves Alone: Elizabeth Cady Stanton and Susan B. Anthony (1999) Jazz (2001) Mark Twain (2001) Horatio's Drive: America's First Road Trip (2003) Unforgivable Blackness: The Rise and Fall of Jack Johnson (2005) The War (2007) The National Parks: America's Best Idea (2009) Prohibition, with Lynn Novick (2011) The Dust Bowl (2012) The Central Park Five (2012) Yosemite: A Gathering of Spirit (2013)The World Premiere of Yosemite: A Gathering of Spirit , Yosemite Conservancy Consultado 31 de outubro de 2013. The Address (2014) The Roosevelts: An Intimate History (2014) Jackie Robinson (2016) Defying the Nazis: The Sharps' War (2016) The Vietnam War (2017) (con Lynn Novick)
Produtor executivo The West (1996) (dirixido por Stephen Ives) Cancer: The Emperor of All Maladies (2015) (dirixido por Barak Goodman)
Curtametraxes William Segal (1992) Vezelay (1996) In the Marketplace (2000)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ken Burns en PBS Bibliografía Ken Burns na Biblioteca do Congreso
Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1953 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América