Lucía Baquedano Azcona, nada en Pamplona o 18 de decembro de 1938, é unha escritora e xornalista navarra.

Traxectoria Estudou secretariado e traballou durante 9 anos como secretaria, até que casou e foi vivir a Tarragona. Tempo despois regresou á súa cidade natal

En 1979 presentouse á convocatoria de premios literarios da Fundación Santamaría coa novela Cinco panes de cebada, que foi finalista do premio Gran Angular, o que a animou a seguir escribindo. A obra, publicada en 1981 por SM, aborda a problemática dunha mestra nova cando chega a dar clase nun colexio nos Pireneos.

Amais do seu labor como escritora, escribe artigos xornalísticos en medios de comunicación. En Diario de Navarra escribe no espazo "La ventana" sobre actualidade, cultura e literatura.

Ten 4 fillos, e é avoa.

Obra Cinco panes de cebada (1981) De la Tierra a Harley (1988) Los candelabros de Santa Bárbara (1988) Los divertidos líos de la noche (1988) Nosotros, los otros y los demás (1991) Los bonsáis gigantes (1992) La casa de los diablos (1992) ¡Pobre Antonieta! (1994) Inventando historias (1995) Me llamo Pipe (1995) La peseta de Birlibirloque (1999) Las botas de diez por uno (2000) El pueblo sombrío (2002) La buhardilla (2003) El trébol de esmeraldas (2005) El reloj que no decía cucú (2009) Un fantasma para Ángela (2011) Fantasmas de día (2012) Un millón de poesías (2015)

Premios e recoñecementos 3º Premio Gran Angular por Cinco panes de cebada, 1979 2º Premio O Barco de Vapor polo conto La muñeca que tenía 24 pecas, 1980 Premio O Barco de Vapor por Fantasmas de día, 1986 Lista de Honra da IBBY con Fantasmas de día, 1988 Boletín Anual de Libros recomendados da Jugendbibliothek de Múnic con Fantasmas de día, 1988 Finalista do Premio Internacional Infanta Elena con La casa de los diablos, 1990 Premio da Comisión Católica Española para a Infancia (CCEI) por La casa de los diablos, 1993 Premio Librerío da Feria del Libro de Almería por Me llamo Pipe, 1995 Premio da Comisión Católica Española para a Infancia (CCEI) por El pueblo sombrío, 2002

Notas

Categoría:Escritores de Navarra Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura infantil de España Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1938